Saltar ao contido

Luís Varela Sobrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Varela Sobrado
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor en Wikidata
Palmou, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Tenorio, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 285

Luís Varela Sobrado, nado en Palmou (Lalín) en 1907 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Botos co inicio das obras do ferrocarril Ourense-Santiago. Afíliouse á Sociedade obreira La Equidad e converteuse no seu presidente. Foi detido en novembro de 1934 xunto con José González, acusado de coacción aos obreiros do ferrocarril con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no cuartel da Falanxe, onde foi torturado e obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e mais a entregar os libros da Sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Leonisa González en 1932. Tivo dous fillos: Germán e Elena Varela González.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]