Luís Morillo Uña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Morillo Uña
Nacemento1903
 Berlanga
Falecemento4 de xaneiro de 1937
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e profesor
editar datos en Wikidata ]

Luís Morillo Uña, nado en Berlanga (Badaxoz) en 1903 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1937, foi un médico e profesor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina e fixo o doutoramento na Universidade de Madrid en 1930. Discípulo de Manuel Varela Radío, con quen comezou a traballar en 1922, estivo pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios en Berlín, onde estudou co profesor Erwin Schröder e o seu axudante Robert Mayer, Frankfurt, Múnic e París. Regresou a España en 1929 e logrou a cátedra de Xinecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era decano da Facultade de Medicina de Santiago. Foi destituído pola Delegación Militar da Coruña en agosto. Acosado e perseguido pola Falange de Santiago, suicidouse no seu propio domicilio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]