Ricardo Gurriarán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador |
Familia | |
Pai | Gonzalo Gurriarán |
Ricardo Gurriarán Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1953, é un historiador galego.
Traxectoria
Fillo de Gonzalo Gurriarán Gurriarán, é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid, foi profesor no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977 ata a súa xubilación. En 2004 doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil", dirixida por Lourenzo Fernández Prieto.
Foi asesor histórico do filme Os fillos do sol (2017) que desenvolve a súa trama nos inicios da compañía farmacéutica Zeltia nun contexto histórico que Gurriarán investigou na súa tese de doutoramento.[1]
Obra
- Aportación de la ILE a la educación física del siglo XX. 1996
- Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Ediciós do Castro. 1999.
- Da prerromanización ao wolfram, apuntamentos históricos das explotacións mineiras en Valdeorras. Tórculo Edicións. 2000.
- Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975). IEV. 2005.
- Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. 2006.[2] ISBN 978-84-9750-644-1
- Obella Vidal. Investigador, empresario e galeguista (PDF). Foro Peinador. 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2016. Consultado o 05 de agosto de 2016.
- Inmunda escoria, a universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968. Xerais de Galicia. 2010.[3]
- Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012 (exposición, coordinador e comisario).[4]
- A galería de decanos da Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela. 2014.
- Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal. Deputación provincial da Coruña. 2014.[5]
- Enrique Peinador Lines e Mondariz. Empresa, turismo e país (PDF). Foro Peinador. 2016.[6]
Recoñecementos
- Premio de investigación Tertuliano Hervella 2003, 9ª ed., do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) pola obra Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975).[7]
- Premio da Crítica Galicia de investigación 2007 pola obra Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940).[8]
- Premio Lois Peña Novo no ano 2015, 21ª edición.[9]
Notas
- ↑ "Os Fillos do Sol con Ricardo Gurriarán en Efervesciencia en mp3(23/04 a las 12:39:41) 36:03 25563310 - iVoox". iVoox (en castelán). Consultado o 2018-04-26.
- ↑ Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-644-1.
- ↑ Ficha do libro na páxina de Edicións Xerais de Galicia
- ↑ Un canto e unha luz na noite
- ↑ "Entrevista…" Zigzag diario, 22/3/2015.
- ↑ «Peinador morreu de pena…» La Voz de Galicia, 5/5/2016.
- ↑ "Instituto de Estudios Valdeorreses". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 05 de agosto de 2016.
- ↑ "Gurriarán na páxina dos Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 05 de agosto de 2016.
- ↑ "O historiador Ricardo Gurriarán distinguido co premio…" Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine. O Barco de Valdeorrras, 27/5/2015.