Luís Filipe Castro Mendes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Filipe Castro Mendes

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Luís Filipe Carrilho de Castro Mendes Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Idanha-a-Nova, Portugal Editar o valor em Wikidata
22º Ministro da Cultura (pt) Traducir
14 de abril de 2016 – 15 de outubro de 2018
Gabinete ministerial: XXI Governo Constitucional de Portugal (pt) Traducir
Embaixador de Portugal (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político , escritor , diplomático Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Luís Filipe Carrilho de Castro Mendes, nado en Idanha-a-Nova[1] o 21 de novembro de 1950, é un diplomático, escritor, poeta, narrador e político portugués. Foi ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional de Portugal de abril de 2016 a outubro de 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa (1974). Ingresou en 1975 na carreira diplomática, tendo pasado sucesivamente por Luanda, Madrid e París, Río de Xaneiro, Budapest e Nova Deli. Foi asesor de Melo Antunes no Ministério dos Negócios Estrangeiros, nos gobernos provisorios liderados por Vasco Gonçalves e Pinheiro de Azevedo, e, máis tarde, en 1983, do Presidente Ramalho Eanes. Entre 1995 e 1997, foi xefe de Gabinete do Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e Cooperação, José Lamego. En 2010 asumiu a xefatura da representación de Portugal na UNESCO, en París, e en 2012 como representante no Consello de Europa, en Estrasburgo. En 2015 foi nomeado Ministro da Cultura do XXI Goberno Constitucional.[2]

Estreouse cedo como poeta (1965-1967), ao publicar poemas no suplemento xuvenil do Diário de Lisboa[3] e no suplemento literario do diario República. Comezou a publicar poesía en libros na década de 80. Recados (1983) é unha “obra onde se impoñen desde pronto dúas das máis marcantes características da súa poesía: o virtuosismo no tratamento de formas poéticas tradicionais e a intertextualidade” con referencias a varios escritores, como Emily Dickinson, Rilke, Nietszche, Jorge Luis Borges, Rimbaud etc.[4]

Encadrábel nunha estética posmodernista, a obra de Luís Filipe de Castro Mendes revela un universo enigmático onde o finximento e a sinceridade, o romántico e o clásico, a regra e o xogo levan até as realizacións mais lapidares e expresivas.[5] Entre o clasicismo e o preromantismo, a obra de Luís Filipe Castro Mendes ten aínda como trazo distintivo a capacidade de renovar, con inquestionábel mestría, as experiencias da escrita.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Recados (1983). Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
  • Seis elegias e outros poemas (1985). Associação dos Jornalistas e Homens de Letras do Porto
  • A Ilha dos Mortos (1991). Quetzal Editores.
  • Viagem de Inverno (1993). Quetzal Editores.
  • O Jogo de fazer versos (1994). Quetzal Editores.
  • Modos de música (1996). Quetzal Editores.
  • Quadras ao gosto pessoano (1997).
  • Outras canções (1998).
  • Poesia reunida: 1985-1999: com o livro inédito Os amantes obscuros (1999).
  • Os Dias inventados (2001). Gótica.
  • Os amantes obscuros: poemas escolhidos (1985-2001) (2007). – Ed. bilingüe, en portugués e danés.
  • Lendas da Índia (2011). Dom Quixote.
  • A misericórdia dos mercados (2014). Assírio & Alvim.
  • Outro Ulisses regressa a casa (2016). Assírio & Alvim.
  • Poemas Reunidos (2018). Assírio & Alvim.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Areias escuras (1984). ER-Heptágono.
  • Correspondência secreta (1995). Quetzal Editores.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1985: Seis Elegias e Outros Poemas, galardoado co premio da Associação de Jornalistas e Homens de Letras do Porto.
  • 1994: O Jogo de fazer versos, premio D. Dinis.
  • 2011: Lendas da Índia, Prémio António Quadros.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique de Portugal (18 de marzo de 1986)
  • Comendador da Orde do Mérito de Portugal (12 de setembro de 1991)
  • Grã-Cruz da Orde do Mérito de Portugal (28 de xaneiro de 2003)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Música Calada". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2020. 
  2. "Luís de Castro Mendes". Delegação Permanente de Portugal junto da UNESCO (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-05. 
  3. "Luís Filipe Castro Mendes - Quetzal Editores". Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-05. 
  4. "Biografia". web.archive.org (en portugués). 2016-05-31. Archived from the original on 31 de maio de 2016. Consultado o 2020-07-05. 
  5. "Luís Filipe Castro Mendes. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-05. 
  6. Infopédia. "Luís Filipe Castro Mendes - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Entrevista, no Brasil, co poeta a propósito da obra Poesía Reunida (1999)