Louis de Paor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLouis de Paor
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónColáiste an Spioraid Naoimh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua irlandesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 5848fbe2-c0b8-48c9-9867-35d3e712d61e Editar o valor em Wikidata


Louis de Paor, nado en Cork en 1961, é un coñecido poeta en lingua gaélica irlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado en Coláiste an Spioraid Naoimh, de Paor editou a revista irlandesa Innti, fundada en 1970 por Michael Davitt, Nuala Ní Dhomhnaill, Liam Ó Muirthile e Gabriel Rosenstock. Doutorouse en 'Irlandés Moderno' pola Universidade Nacional de Irlanda en 1986 coa súa tese sobre Máirtín Ó Cadhain.

El e a súa familia emigraron a Australia en 1987 e viviron en Melbourne, onde escribiu, deu lecturas de poesía e fixo emisións en irlandés no Special Broadcasting Service (unha rede creada para falantes de linguas étnicas). Recibiu bolsas do Consello de Australia en 1990, 1991 e 1995.

Regresou a Irlanda en 1996, converténdose no director do Centro de Estudos Irlandeses da NUI Galway.

De Paor traballou xunto a outros escritores irlandeses, como Seán Ó Tuama, con quen editou unha antoloxía de poesía en irlandés do século XX. Tamén publicou traballos académicos.

Poesía[editar | editar a fonte]

De Paor tivo un grande éxito nos certames literarios de Oireachtas; a súa primeira colección, Próca solais is luatha (BÁC: Coiscéim, 1988), gañou Duais an Ríordánaigh, premio que obtivo varias veces desde entón. Entre as súas outras coleccións destacan 30 dán (BÁC: Coiscéim, 1992), Corcach agus dánta eile (BÁC: Coiscéim, 1999) e Agus rud eile de (BÁC: Coiscéim, 2002).

Da súa estadía en Australia xurdiron dúas coleccións: Aimsir bhreicneach / Freckled weather (Camberra: Leros Press, 1993) e Ríleanna báistí (Indreabhán: Cló Iar-Chonnachta, 1992). Agus Rud Eile De/ And Another Thing, é unha colección publicada por Cló Iar-Chonnachta en 2010.

O seu estilo, caracterizado orixinalmente pola lixeireza, a claridade e a franqueza, tornouse máis escuro e complexo, aínda que segue a ser até certo punto un poeta "público". Gran parte da súa obra foi publicada en edición bilingüe.

Colaboracións artísticas[editar | editar a fonte]

De Paor colaborou con músicos tan tradicionais como o gaiteiro Ronan Browne e a cantante irlandesa-exipcia de sean-nós Naisrín Elsafty.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "TEDxGalway". mayomo.com. 11 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 12 de xuño de 2022.  (en inglés / irlandés). Consultado o 7 de xullo de 2011
  2. "TEDxGalway - Louis de Paor, Ronan Browne, Naisrin Elsafty - And Another Thing...". Consultado o 2022-06-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Entrevista con Louis de Paor de Patrick O'Donnell como parte do premio de poesía O'Shaughnessy do Centro de Estudos Irlandeses da Universidade de St. Thomas, St. Paul, Minnesota (11 de marzo de 2000)