Nuala Ní Dhomhnaill
Nuala Ní Dhomhnaill | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1952 |
Lugar de nacemento | Lancashire |
Nacionalidade | Irlanda |
Alma máter | University College Cork |
Ocupación | poeta e escritora |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nuala Ní Dhomhnaill, nada en Lancashire en 1952, é unha poeta irlandesa en lingua irlandesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Inglaterra de pais irlandeses. Cando tiña cinco anos de idade volveu a Irlanda, vivindo cunha súa tía en Cean Trá, dous anos despois seus pais volveron tamén a Irlanda. Criouse pois na península de Dingle, dentro do Gaeltacht, e pasou tamén períodos en Limerick e Aonach Urmhumhan durante a súa xuventude. O sacerdote e escritor Pádraig Ó Fiannachta era seu tío. Estudou irlandés e inglés no University College Cork entre 1969 e 1972. Nesa época formou parte da escola Innti de poetas. Logrou o certificado superior en educación en 1973. Casou co xeólogo turco Dogan Leflef e viviu primeiro nos Países Baixos e dende 1975 en Turquía. Traballou como profesora de inglés na Universidade Técnica do Oriente Medio en Ancara. En 1980 aveciñouse coa súa parella en Dublín.
Poesía[editar | editar a fonte]
En 1981 publicou a súa primeira colección de poesía: An Dealg Droighin (1981). Supuxo a súa entrada en Aosdána. Na súa poesía sobrevive moito do período Innti. A mitoloxía e o folclore, así como as cancións populares son unha fonte para a súa obra, frecuentemente combinada co feminismo[1], a sexualidade[2] e a cultura, ligando xénero e opresión política[3] e facendo central a conexión entre o corpo feminino e o texto[4]; mais tamén está moi presente o humor na súa poesía. Tamén a lingua é un tema recorrente, nun dos seus poemas, "Ceist na Teangan" (a cuestión da lingua) explica a súa decisión de escribir só en irlandés[5] como a voz natural da poeta e pola súa expresividade e concreción[6]. O seu recoñecemento internacional[7] vénlle da publicación en 1986 dunha edición bilingüe, inglés-irlandas, dunha selección da súa obra lírica. A súa poesía está traducida ao inglés, francés, alemán, polaco, italiano, noruegués, estoniano, bretón e xaponés; en galego algúns dos seus poemas apareceron na escolma de 2003 Pluriversos: seis poetas irlandesas de hoxe mais en Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea de 2016. En 1985 publicou a peza de teatro infantil Jimín, baseada[8] na obra de 1919 Jimín Mháire Thaidhg de Pádraig Ó Siochfhradha.
Obra[editar | editar a fonte]
- An Dealg Droighin (Cló Mercier, 1981)
- Féar Suaithinseach (Maigh Nuad, 1984)
- Jimín (teatro infantil, BÁC, 1985)
- Rogha Dánta/Selected Poems (Raven Arts, 1986, tradución ao inglés de Michael Hartnett)
- Feis (Maigh Nuad, 1991)
- Pharaoh's Daughter (1990, traducido por trece poetas irlandeses)
- The Astrakhan Cloak (1992, traducido ao inglés por Paul Muldoon)
- Spíonáin is róiseanna (Cló Iar-Chonnachta, 1993)
- Cead Aighnis (An Sagart, An Daingean, 1998)
- The Water Horse: Poems in Irish (Gallery, 1999, tradución ao inglés Medbh McGuckian e Eiléan Ní Chuilleanáin)
- The Fifty Minute Mermaid: Poems in Irish (Gallery, 2007, traducido ao inglés por Paul Muldoon)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Beverly Parayno "Nuala Ní Dhomhnaill" Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Poetry International Web, 1 de decembro de 2006
- ↑ Bríona Nic Dhiarmada "The Love Poetry of Nuala Ni Dhomhnaill" in (2008) Patricia Coughlan e Tina O'Toole Irish Literature: Feminist Perspectives Dublín:Carysfort Press, p. 125
- ↑ Patricia Boyle Haberstroh (1996) Women Creating Women: Contemporary Irish Women Poets Syracuse University Press, p. 172
- ↑ Linda Revie "Nuala Ni Dhomhnaill's 'Parthenogensis'" in Michael Kenneally (1995) Poetry in Contemporary Irish Literature. Colin Smythe, p. 345
- ↑ "Nuala Ní Dhomhnaill" Poetry Foundation
- ↑ Mary O'Connor "Breaking the Rules. Nuala Dí Dhomhnaill's Language Strategies" in John C. Hawley (1996) Cross-Addressing: Resistance Literature and Cultural Borders State Universty of New York Press, p. 70
- ↑ Niall O'Gallagher "Siren's call" The Guardian, 15 de decembro de 2007
- ↑ Jimín Playography Ireland
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Recital poético de Nuala Ní Dhomhnaill na University of Notre Dame (Luisiana)