Louis J. Mordell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaLouis Mordell
Biografía
Nacemento(en) Louis Joel Mordell Editar o valor em Wikidata
28 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Professor Sadleiriano de Matemática Pura (pt) Traducir
1945 – 1953
← Godfrey Harold HardyPhilip Hall (pt) Traducir →
Professor Fielden de Matemática Pura (pt) Traducir
1923 – 1945
← George Henry Livens (en) TraducirMax Newman (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge (1907–1912)
Central High School (en) Traducir (1902–1906)
St John's College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseHenry Frederick Baker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de números Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge (1945–1953)
Victoria University of Manchester (en) Traducir (1922–1945)
Manchester College of Arts and Technology (en) Traducir (1920–1922)
Birkbeck College (1913–1920) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoRam Prakash Bambah
J. W. S. Cassels
Arquivos en
Familia
CónxuxeMabel Elizabeth
IrmánsAlbert Mordell Editar o valor em Wikidata
Premios
Smith's Prize (1912)
De Morgan Medal (1941)
Senior Berwick Prize (1946)
Sylvester Medal (1949)
Fellow of the Royal Society[1]


Louis Joel Mordell, nado en Filadelfia o 28 de xaneiro de 1888 e finado en Cambridge o 12 de marzo de 1972, foi un matemático británico de orixe estadounidense, coñecido pola investigación pioneira na Teoría de números.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia Xudea de extracción Lituana.[2] Educouse na Universidade de Cambridge, onde completou os Cambridge Mathematical Tripos como estudante do St John's College, Cambridge, a partir de 1906. Graduouse en 1909. Despois de graduarse Mordell comezou a investigación independente sobre certas ecuacións diofantianas: a cuestión dos puntos enteiros na curva cúbica, e o caso especial do que agora se chama ecuación de Thue, a ecuación de Mordell

No 1913 colocouse no Birkbeck College de Londres. Durante a primeira guerra mundial participou nos traballos relacionados coa guerra, mais tamén produciu un dos seus principais resultados, probando en 1917 a propiedade multiplicativa da función tau de Srinivasa Ramanujan. A proba foi por medio dos Operadores de hecke, que aínda non tiñan dito nome en honor a Erich Hecke; foi, en retrospectiva, un dos principais avances na teoría de formas modulares.

No 1920, ocupou un cargo de profesor na UMIST. Alí desenvolveu unha terceira área de interese dentro da teoría dos números, a xeometría dos números. O seu traballo básico sobre o teorema de Mordell é de 1921 a 1922, así como a formulación da conxectura de Mordell. Foi orador convidado do Congreso Internacional de Matemáticos (ICM) en 1928 en Boloña e en 1932 en Zúric e orador pleno do ICM en 1936 en Oslo.[3]

Tomou a cidadanía británica en 1929. En Manchester tamén configurou o departamento, ofrecendo postos a varios matemáticos destacados que foran forzados a abandonar os seus postos no continente europeo. Levou a Reinhold Baer, G. Billing, Paul Erdős, Chao Ko, Kurt Mahler e Beniamino Segre. Tamén recrutou a J. A. Todd, Patrick du Val, Harold Davenport e Laurence Chisholm Young.

En 1945, volveu a Cambridge como membro da Universidade de St. John's, cando foi elixido para a Cátedra Sadleirian, e converteuse en xefe de departamento. Retirouse oficialmente en 1953. O seu libro Diophantine Equations (1969) está baseado en conferencias, e dá unha idea do seu estilo discursivo. Mordell di que odiaba as tarefas administrativas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cassels, J. W. S. (1973). Louis Joel Mordell 1888-1972. Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 19. pp. 493–520. doi:10.1098/rsbm.1973.0018. 
  2. Biographies/Mordell. 
  3. Mordell, L. J. (1937). Minkowski's theorems and hypotheses on linear forms 1. pp. 226–238. 
  4. "history/Ledermann/Ch8". 

Véxaxe tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]