Srinivasa Ramanujan
Nome orixinal | (ta) சீனிவாச இராமானுஜன் |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1887 Erode (Raj Británico) |
Morte | 26 de abril de 1920 (32 anos) Kumbakonam (Raj Británico) |
Causa da morte | Amebíase |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Trinity College (1914–1916) Pachaiyappa's College (en) - sen valor (1906–1907) Government Arts College, Kumbakonam (en) - sen valor (1904–1905) Town Higher Secondary School (en) (1898–1904) Universidade de Cambridge |
Tese académica | Highly Composite Numbers (en) (1915 ) |
Director de tese | Godfrey Harold Hardy e John Edensor Littlewood (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Combinatoria, teoría de números e matemático |
Ocupación | matemático |
Empregador | Trinity College (1916–1919) Chennai Port (en) (1912–1914) |
Membro de | |
Profesores | John Edensor Littlewood (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Janakiammal |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Srinivāsa Aiyangār Rāmānujan (en támil : ஸ்ரீனிவாஸ ஐயங்கார் ராமானுஜன்; tamén coñecido coa grafía inglesa Srinivasa Ramanujan Iyengar o simplemente como Ramanujan), nado en Erode o 22 de decembro de 1887 e finado en Kumbakonam o 26 de abril de 1920 foi un matemático autodidacta indio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cunha mínima educación académica en matemáticas puras fixo contribucións extraordinarias á análise matemática, á teoría dos números, ás series e ás fraccións continuas. Ramanujan desenvolveu inicialmente a súa propia investigación matemática en forma illada que foi rapidamente recoñecida polos matemáticos indios. Cando as súas habilidades se fixeron evidentes para unha comunidade matemática máis ampla, centrada nese momento en Europa, comezou a súa célebre colaboración co matemático británico G. H. Hardy. Redescubriu teoremas coñecidos previamente, ademais de producir moitos outros novos.
Durante a súa curta vida, Ramanujan foi capaz de recompilar independentemente case 3900 resultados (na súa maioría identidades e ecuacións).[1] Case todas as súas achegas demostráronse correctas, aínda que algunhas xa eran coñecidas previamente.[2] Logrou resultados que eran á vez orixinais e moi pouco convencionais, como os números primos de Ramanujan e a función theta de Ramanujan, que á súa vez inspiraron unha gran cantidade de investigacións.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berndt, Bruce C. (2005). Ramanujan's Notebooks Part V. SpringerLink. p. 4. ISBN 0-387-94941-0.
- ↑ "Rediscovering Ramanujan". Frontline 16 (17): 650. Agosto de 1999. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2012.
- ↑ Ono, Ken (Xuño–Xullo 2006). "Honoring a Gift from Kumbakonam" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (Mathematical Association of America) 53 (6): 650. Consultado o 23 de xuño de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Srinivasa Ramanujan |