Liu Cixin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liu Cixin
Nacemento23 de xuño de 1963
Lugar de nacementoPequín
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterNorth China University of Water Resources and Electric Power
Ocupaciónescritor de ciencia ficción, enxeñeiro e escritor
Coñecido porO Problema dos Três Corpos (romance), The Dark Forest e Death's End
PremiosPremio Hugo á mellor novela, Locus Award for Best Science Fiction Novel, Ignotus Award for Best Foreign Novel, Seiun Award for Best Translated Novel e Seiun Award for Best Translated Novel
Na rede
Twitter: liu_cixin Musicbrainz: 57f8a54d-521c-46f6-9340-c4f44096e203 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Liú Cíxīn (chinés tradicional: 劉慈欣, (en chinés): 刘慈欣), nado en Pequín o 23 de xuño de 1963, é un escritor chinés de ciencia ficción, gañador nove veces do premio Galaxy e unha vez do premio Xingyun (o máximo galardón en chinés para as novelas de fantasía e ciencia ficción). Autor moi prolífico, está considerado como un dos máis recoñecidos escritores do xénero na China.[1][2] Antes de gañar fama como escritor, traballaba como enxeñeiro nunha central eléctrica en Yangquan, na provincia de Shanxi. Liu creou un novo tema clásico na ciencia ficción chinesa, e os seus escritos están enfocados principalmente no rol da China nun mundo futuro.[3][4]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A era da supernova (《超新星纪元》, 1999)
  • Mestre rural (《乡村教师》, 2001)
  • Esfera de luz (《球状闪电》, 2004)
  • Triloxía do tres corpos
    • O problema do tres corpos (《三体》, 2007). Edicións B, 2016.
    • O bosque escuro (《黑暗森林》, 2008). Edicións B, 2017.
    • O fin da morte (《死神永生》, 2010). Edicións B, 2018.

Triloxía do tres corpos[editar | editar a fonte]

Na súa triloxía do tres corpos, Liu presenta a personaxes chineses en primeira liña nos contactos e guerras seculares contra unha civilización alieníxena. Imaxina civilizacións dispersas por toda a galaxia cun esquema de lei da xungla, aínda que a distancia entre civilizacións prevén contra encontros indeseados, e coa crenza de que todo contacto é un risco máis ca unha oportunidade: as civilizacións ocultan a súa localización, e atacan a calquera que expón a súa posición e ven en inferioridade.

No primeiro libro, unha científica chinesa que sofre depresión envía unha mensaxe a un planeta nun sistema estelar triplo durante a Revolución Cultural. Trinta anos despois, outro científico descobre de novo unha civilización no planeta, que sofre efectos negativos por causa do tres soles. A civilización despachou unha frota de naves para conquistar a terra, cuxa chegada se prevé en catro séculos.

Existe unha tradución ao inglés e ao español da triloxía[5][6][7] mais non ao galego polo de agora.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Galaxy (China) a escritor de ciencia ficción.
  • Premio Nébula da World Chinese Science Fiction Association (Xingyun Jiang 星云奖) ó mellor escritor.[8]
  • Premio Hugo á mellor novela en 2015 pola súa novela O problema dos tres corpos.[9] Premio Locus á mellor novela de ciencia ficción en 2017 pola súa novela O fin da morte. Así mesmo coa citada novela foi nomeado ao Premio Hugo en 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anuncio de premios a obras de ciencia ficción en chino". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  2. Qué hay más allá por Chitralekha Basu e Guo Shuhan, China Daily
  3. Liu Cixin y la ciencia ficción neoclásica por YAN Wu, XIAO Qing-fang, Journal of Hunan University of Science and Engineering,2006-02
  4. Ciencia ficción en China por Wu Yan con Janice Bogstad e Wang Pengfei
  5. Extracto de esfera luminosa tradución de Joel Martinsen
  6. "“El bosque oscuro” y “El fin de la muerte”, de Cixin Liu". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  7. "Llega a Nova El bosque oscuro, de Cixin Liu". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  8. Xingyun Jiang Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  9. "Un escritor chino gana el mayor premio mundial de ciencia-ficción". El País. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]