Linguas caddo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caddo
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Grandes Chairas
Total de falantes: <4000 (1981)[1]
66 (2009)[2]
Familia: Unha das familias lingüísticas primarias
 Caddo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Pre-Contact Caddoan languages map.svg
Status

As linguas caddo[3] son unha familia lingüística das linguas amerindias. Falábanse ó longo das Grandes Chairas, no centro dos Estados Unidos, dende Dacota do Norte a Oklahoma. Está relacionada coas linguas siouan e as linguas muskogees, razón pola cal, Edward Sapir as incluíu a todas no grupo hoka-sioux. Porén, Charles Voegelin, encadrounas no chamado grupo Macro-Sioux.

Posiblemente, estas linguas faláronse orixinalmente nas Grandes Chairas, dende Dacota do Sur cara ó sur até o nordeste de Texas e cara ó leste cara ás terras boscosas de Arcansas e Luisiana. Máis ó norte estaban os arikara, que se moveron cara o norte despois do contacte co asentamento da Reserva india de Fort Berthold, en Dacota do Norte. Os arikara eran unha póla dos pawnee, que viviron orixinalmente na zona de Nebrasca pero que se reasentaron en Olahoma. Na zona que hoxe é Kansas e parte de Oklahoma viviron os wichita. Máis ó sur estaban os kitsai, os cales se asentaron cos wichita en Oklahoma no século XIX. As zonas de Luisiana-Arcansas e o leste de Texas estaban habitadas polos caddo que viven na rexión de Anadarko.

División lingüística[editar | editar a fonte]

  • Caddo do norte (tamén pawnee).
    • Kitsai (tamén kichai). Tanto a tribo como a lingua están extintos.
    • Wichita (dialectos: Wichita, waco, towakoni). Segundo o censo dos EUA de 2000 hai 1.936 individuos, pero só 10 falantes da lingua, en Oklahoma.
  • Proto-Pawnee
    • Arikara (tamén Ree). Segundo o censo dos EUA de 2000, hai 1.316 individuos, pero só 90 falan a lingua, en Dacota do Norte.
    • Pawnee (dialectos: South Bend, Skiri ou tamén skidi ou Wolf Band). Segundo o censo dos EUA de 2000 hai 4.540 individuos, pero a lingua só ten 4 falantes, en Oklahoma.
  • Caddo do sur
    • Caddo (dialectos: kadohadacho, hasinai, natchitoches, yatasi). Segundo o censo dos EUA de 2000 hai 4.362 individuos, pero só 141 falantes da súa lingua, en Oklahoma.
Linguas caddo

Caddo (25 falantes)

Caddo do norte

Wichita

Pawnee‑Kitsai

Kitsai

Linguas pawnee

Pawnee (10 falantes)

Arikara (10 falantes)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nesta cifra contáronse o total do grupo étnico, non o número de falantes.
  2. Ethnologue:Statistical summaries
  3. Definición de caddo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campbell, Lyle. (1997). American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.
  • Chafe, Wallace L. (1973). Siouan, Iroquoian, and Caddoan. In T. Sebeok (Ed.), Current Trends in Linguistics (Vol. 10, pp. 1164–1209). A Haia: Mouton. (Reprinted as Chafe 1976).
  • Chafe, Wallace L. (1976). "Siouan, Iroquoian, and Caddoan", In T. Sebeok (Ed.), Native Languages in the Americas (pp. 527–572). Nova York: Plenum. (Originally published as Chafe 1973).
  • Chafe, Wallace L. (1976). The Caddoan, Iroquioan, and Siouan languages. Trends in Linguistics; State-of-the-art report (No. 3). A Haia: Mouton. ISBN 90-279-3443-6.
  • Chafe, Wallace L. (1979). Caddoan. In L. Campbell & M. Mithun (Eds.), The languages of Native America: Historical and Comparative Assessment (pp. 213–235). Austin: University of Texas Press. ISBN 0-292-74624-5.
  • Chafe, Wallace L. (1993). "Indian Languages: Siouan–Caddoan". Encyclopedia of the North American colonies (Vol. 3). Nova York: C. Scribner's Sons ISBN 0-684-19611-5.
  • Lesser, Alexander; & Weltfish, Gene. (1932). "Composition of the Caddoan linguistic stock". Smithsonian Miscellaneous Collections, 87 (6), 1-15.
  • Melnar, Lynette R. Caddo Verb Morphology(2004) University of Nebraska Press, ISBN 978-0-8032-2088-1
  • Mithun, Marianne. (1999). The Languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-23228-7 (hbk); ISBN 0-521-29875-X.
  • Taylor, Allan. (1963). "Comparative Caddoan", International Journal of American Linguistics, 29, 113-131.