Lingua arikara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arikara
Sáhniš
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Dacota do Norte
Total de falantes: 10 (2007)
Familia: Caddo
 Caddo do norte
  Pawnee–Kitsai
   Pawnee
    Arikara
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ari
Mapa
Status

O arikara está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua arikara é unha lingua caddo falada polos arikara que residen na reserva de Fort Berthold en Dacota do Norte. O arikara está moi relacionado coa lingua pawnee, pero non son mutuamente intelixibles.

Os arikara foron un grupo que coñeceron a Lewis e Clark en 1804; a súa poboación era de 30 000 pero reduciuse a 6 000 por mor da varíola.[2]

Status da lingua[editar | editar a fonte]

O arikara é falado en Dacota do Norte por uns poucos anciáns. Un dos derradeiros falantes fluídos, Maude Starr, morreu o 20 de xaneiro de 2010.[3] Foi unha mestra certificada da lingua que participou nos programas educativos arikara.[4] Os esforzos de revitalización lingüística continúan, e no 2014, os falantes concéntranse en White Shield, Dacota do Norte. A lingua é ensinada no Colexio Comunitario de Fort Berthold, no Colexio White Shield e no Centrol Cultural Arikara.[5]

O arikara está documentado, con diversos volumes de historias arikara,[6] textos introdutores para lectores,[7] e estudos lingüísticos.[8] No 2014, aplicacións de iPhone e iPad estiveron dispoñibles.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Arikara". Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  3. nativetimes.com (ed.). "Tribe mourns loss of fluent Arikara speaker". Consultado o 29 de xaneiro de 2010. 
  4. www.mhanation.com (ed.). "MHA Nation – Three Affiliated Tribes". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2004. Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 Rudy, Dan (20 de abril de 2014). Minot Daily News, via KansasCity.com, ed. "Arikara app aims to revitalize language". Consultado o 26 de abril de 2014. 
  6. Parks, Douglas R.; Alfred Morsette (1991). U of Nebraska Press, ed. Traditional Narratives of the Arikara Indians: Stories of Alfred Morsette, interlinear linguistic texts. ISBN 978-0-8032-3691-2. 
  7. Douglas R. Parks (1998). White Shield School District, ed. Sáhniš wakuúnuʼ: An introduction to the Arikara language. (Roseglen, N.D). Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 
  8. Merlan, Francesca (1975). University of New Mexico., ed. Noun-verb relationships in Arikara syntax. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]