Saltar ao contido

Lingua caddo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua caddo
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Modo gramatical
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05_bwl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2cad Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3cad Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5cad Editar o valor en Wikidata
IETFcad Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O caddo é unha lingua indíxena americana, a lingua tradicional do pobo caddo.[1] É unha lingua en perigo crítico, sen falantes monolingües e só 25 falantes contabilizados no ano 1997, os cales adquiriron a lingua cando eran nenos fóra da ensinanza escolar.[2] O caddo ten varios dialectos mutuamente intelixibles. Os dialectos máis usados son hasinai e hainai; outros inclúen kadohadacho, natchitoches e yatasi.[3] O caddo está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Relación lingüística

[editar | editar a fonte]

O caddo está relacionada lingüísticamente cos membros da familia caddo do norte; esta inclúe as linguas pawnee-kitsai (arikara, kitsai e pawnee) e a wichita. O kitsai e o wichita están extintos, e o pawnee e o arikara teñen menos falantes que o caddo.[5]

Outra lingua, o adai, crese que foi unha lingua caddo, pero debido aos escasos recursos e ao estado de extinción da lingua, esta conexión non é concluínte e o adai é xeralmente considerado un idioma illado.[5]

  1. ↑ The Linguist List
  2. ↑ SIL International, 2009
  3. ↑ Caddo Nation, 2007
  4. ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  5. 1 2 Native Languages of the Americas, 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]