Lingua iagnobí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua iagnobiana")
Lingua iagnobiana
яғнобӣ зивок-jaġnobī zivók
Pronuncia: /jæʁnɔːˈbi ziˈvɔːk/
Falado en: Taxiquistán
Rexións: Val do río Iagnob e Zarafxán
Total de falantes: Uns 12.500 (ano 2000)
Familia: Indoeuropea
 Indo-irania
  Linguas iranias
   orientais
    orientais setentrionais
     Lingua iagnobiana
Escrita: Alfabeto cirílico taxico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: ira
ISO 639-3: yai
SIL: yai
Áreas iagnobina-falantes (ou enclaves iagnobiano-falantes entre a maioría taxica)

O iagnobiano (pode aparecer escrito tamén coa forma persa iaghnobí) é unha lingua irania oriental setentrional moderna falada no val do río Iagnob na zona de Zarafxán no Taxiquistán. Considérase descendente directo da lingua sogdiana ya que é un dialecto deste, coma así o atestiguan os seus estudos, e a súa literatura foi chamada con frecuencia "Neo-sogdiano". É unha lingua de uso familiar na comunicación diaria. A lingua foi descuberta no século XIX e falábase na parte central do remoto alto val do río Iagnob. As evidencias toponímicas suxiren que tamén no pasado, o iagnobí e outros dialectos sogdiano foron falados nos vales veciños. Hoxe conta cuns 1500 e 2500 falantes divididos entre numerosas comunidades.[1]

É unha lingua en perigo de desaparición, e de feito está recollida no Libro Vermello das Linguas Ameazadas publicado pola UNESCO (Red Book of Endangered Languages, en inglés. E trala Guerra Civil dos anos 90, pedíuselle a Academia Taxica das Ciencias que preservase a lingua iagnobiana, e apoiase e difundise na escola o seu uso, reabríndose as escolas iagnobianas de anos anteriores.

O nome[editar | editar a fonte]

Iagnobiano, adxectivo relativo ao pobo que habita arredor do Val do Iagnob ao longo do río do mesmo nome. En iagnobiano яғноб IPA /ˈjaʁnɔːb/, e яғнобӣ IPA /jaʁnɔːˈbi/, (transliteración da Academia das Ciencias de Taxiquistán Jaghnob e jaghnobī). De acordo con Khromov (1987, p. 644), é unha adaptación taxica do iagnobiano ix-i "val/barranco de xeo". A interpretación máis tradicional é "río de xeo" (Benveniste, 1955, p. 139, anotación 1; Andreev e Peshchereva, 1957, p. 365).[2] En taxico xeo = ях, curso de auga no bosque = нова ou curso de augas pluviais = новдон (a terminación desta palabra, дон quere dicir río).

En inglés escríbese yaghnobi, en francés yagnobi, en castelán yagnobí, en alemán jaghnobi ou jagnobisch, en ruso yagnobskii, en ossetio yaghnobag, sueco yagnobi/yaghnobi ou yagnobiska etc.

Pódese aceptar tamén iagnobés.

Escritura[editar | editar a fonte]

O Iagnobiano era unha lingua sen escritura ata o ano 1990 e 1992 [3], pero segundo algúns etnógrafos os iagnobianos usaban unha variante modificada do alfabeto arábigo, sobre todo para evitaren represalias das autoridades taxicas.[4]. Hoxe en día a lingua transcríbese polos eruditos usando unha modificación do alfabeto latino, cos seguintes símbolos:

a (á), ā (ā́), b, č, d, e (é), f, g, γ, h, ẖ, i (í), ī (ī́), ǰ, k, q, l, m (m̃), n (ñ), o (ó), p, r, s, š, t, u (ú), ū (ū́), ʏ (ʏ́), v, w (u̯), x, x°, y, z, ž, ع

Recentemente Sayfiddīn Mīrzozoda da Academia das Ciencias Taxicas creou unha modificación do alfabeto taxico para a escritura iagnobiana. Este alfabeto non é moi adecuado para o iagnobiano, por exemplo, non distingue entre vogais curtas e longas, non fai diferenciación entre v/w ou non marca a acentuación etc. A continuación amosamos o alfabeto iagnobiano seguido das equivalencias latino-fonéticas entre paréntese:

А а (a) З з (z) О о (o) Хв хв (x°)
Б б (b) И и (i, ī) П п (p) Ҳ ҳ (h, ẖ)
В в (v, w) Ӣ ӣ (i, ī) Р р (r) Ч ч (č)
Г г (g) й (j) С с (s) Ҷ ҷ (ǰ)
Ғ ғ (γ) К к (k) Т т (t) Ш ш (š)
Д д (d) Қ қ (q) У у (u, ū, ʏ) Ю ю (ju, jū, jʏ)
Е е (e) Л л (l) Ӯ ӯ (u, ū, ʏ) Я я (ja)
Ё ё (jo) М м (m) Ф ф (f) (ع)
Ж ж (ž) Н н (n) Х х (x)


Notas ao alfabeto cirílico:

1) A letra й non ten maiúscula xa que nunca aparece a comezo de palabra. As palabras que comezan con ia-, io- e iu-/iū-/iʏ- escríbense coma я-, ё- e ю-; da mesma maneira para estas combinacións cando están no medio da palabra, p.ex. viióra é виёра [vɪ̆ˈjɔ:ra].

2) Para facer unha distinción fonética da lonxitude vogal, úsanse as letras ӣ e ӯ, p. ex.: иранка e ӣранка тир (imos!) e тйр (frecha) рупак e рӯпак ухта (baixou) e ӯхта (trouxo)

Só se dan entre и e й e у e у¨.

O status fonético da letra ӣ non está moi claro, pode que sexa usado como unha marca de acento coma en taxico. A letra ӯ pódese tamén usarse en empréstitos do taxico para indicar vogal taxica /ů/ [ɵː], pero pode ter algún outro uso que aínda non se coñece.

3) En comparación co taxico, o iagnobiano non usa as letras ъ e Э э - no lugar da letra taxica ъ úsase a iagnobiana e o е iagnobiano serve para ámbalas letras taxicas е e э para o valor /e/.

4) As combinacións de letras /ie/ e /ii/ escríbense coma йе e йи, pero estas combinacións raramente aparecen en iagnobiano (principalmente o йе é moi raro). As letras iagnobianos е e и nunca teñen o valor /ie/, /ii/ coma o poden ter en taxico.

5) As letras rusas Ц ц, Щ щ, Ы ы e Ь ь, que poden usarse en taxico para empréstitos do ruso non se usan en iagnobiano - as palabras rusas escríbense como se pronuncian polos iagnobiano-falantes e non coma son escritas orixinariamente en ruso,p.ex.: AVIÓN é самолет/самолёт en ruso, escrito самолёт en taxico e pronunciado /səmʌˈʎot/ en ruso e igualmente en taxico, en iagnobiano escríbese самалиёт de acordo coa pronunciación iagnobiana /samalɪˈjo:tʰ/ ou /samajlˈo:tʰ/; a palabra CONCERTO é un empréstito do ruso e escríbese en ruso концерт /kʌnˈʦe̠rt/, e pasa ao iagnobiano coma кансерт /kʰanˈse:rtʰ/.

A Fonética[editar | editar a fonte]

O sistema fonético iagnobiano inclúe 9 vogais - 3 curtas, 6 longas - e 27 consoantes.

Vogais[editar | editar a fonte]

CURTAS: i [i-ɪ-e], a [a(-æ)], u [(y-)u-ʊ-o] (tódalas vogais curtas deben reducirse ata aproximadamente un [ə] en posicións pretónicas)

LONGAS: ī [i:], e [ɛ:(-e:)], ā [a:], o [(ɒ:-)ɔ:(-o:-u:)], ū [u:], ʏ [(u:-)y:(-i:)]

DITONGOS: ai [ai̯] (ai en palabras nativas aparece soamente nos dialectos occidentais, no orientais cambia a e, ai pode aparecer nos dialectos orientais pero cunha etimoloxía diferente), oi [ɔ:i̯], ui [ʊi̯], ūi [u:i̯], ʏi [y:i̯], ii [ɪi̯]; ou [ɔ:u̯], au [au̯]


posterior aproximante posterior media aproximante anterior anterior
pechada
Blank vowel trapezoid.png
i: • y:
 • 
 • u:
ɪ • 
• ʊ
 • 
 • 
 • 
ɛ: • 
 • 
 • ɔ:
a: a • 
 • 
 • 
semipechada
media pechada
media
media aberta
semiaberta
aberta

Notas:

1) Nótese que as vogais longas e, o e ʏ son escritas sen o sinal de longura.

2) Coñécese un ā longo, pero aparece soamente coma resultado dun alongamento secundario (p.ex. ǰām < ǰaعm < ǰamع).

3) En préstamos recentes do taxico ů e/ou uzbeco tamén pode aparecer [ɵ:], pero a súa pronunciación normalmente acaba fusionándose cun ū)

4) A vogal ʏ é só recoñecida por algunhas autoridades. Parece ser que é un alófono de ū. A orixe de ʏ vén do *ū tónico histórico, pero o *ō histórico, cambiou a ū en iagnobiano, permanecendo sen cambio. Parece que os status do ʏ é inestable e non se recolle en tódalas variedades do iagnobiano, mentres ʏ convértese amiúdo en ū, ūy/ūy, uy/uy ou ʏ. Resumindo: *ū (baixo acento) > ū/ūy/uy/ʏ ou ū, *ō > ū (f.ex. vʏz/vūz, goat; taxico buz, Avesta buza-). Para algúns autores ʏ pode transcribirse coma ü.

Polo xeral, existe bastante variación na realización das vogais. A lonxitude vocálica, por exemplo, é inconsecuente; o e ū varían baixo a influencia do taxico (kom fronte a kūm “quen”); e ü é substituída por ī nas xeracións máis xoves (xür > xīr "sol"; existe unha forma ainda máis conservadora xūr).[5]

5) A vogal o pode cambiar a ū ante unha nasal (cf. Toǰīkistón × Toǰīkistū́n).

Consoantes[editar | editar a fonte]

Oclusivas: p, b, t, d, k, ɡ, q (k e ɡ pode ser palatalizada a k’ e ɡ’ respectivamente ante vogal posterior ou vogal posterior en final de palabra)

Fricativas: f, v, s, z, ʃ <š>, ʒ <ž>, χ <x>, ʁ <γ>, χʷ <x°>, h, ħ <ẖ>, ʕ <ع>

Africadas: ʧ <č>, ʤ <ǰ>

Nasais: m, n (tamén ŋ e ɱ poden darse coma alófonos de m e/ou n ante k/g ou f/v)

Vibrante múltiple: r

Lateral: l

Aproximantes: β̞ <w>, j <y>


Lugar de articulación Bilabial Labio-dental Alveolar Post-alveolar
or Palatal
Ve­lar uvu­lar Fa­rínxea Glotal
Forma de articulación
Nasal    m    n      
Oclusiva p b t d k ɡ q     
Africada ʧ ʤ
Fricativa f v s z ʃ ʒ χ ʁ ħ ʕ h
Aprox­imante    β̞    j
Vibrante    r
Lateral Aprox­imante    l  


Tódalas coasoantes sonoras pronúncianse xordas ao final de palabra, na fala cando despois dunha consoante xorda ven unha sonora, por asimilación a xorda pasa a sonora.

Nota: Os sons b, g, h, , ǰ, q, l e ع aparecen maioritariamente en préstamos, palabras autóctonas con estes sons son raras, principalmente onomatopeica.

Gramática[editar | editar a fonte]

Nota: na seguinte sección os símbolos W, E e Tr. refírense ao dialecto occidental, oriental e de transición.

Nomes[editar | editar a fonte]

As terminacións dos casos:

Caso Se a raíz remata en consoante Se a raíz remata en vogal que non sexa -a se a raíz remata en -a
Sg. directo (Nominativo) - - -a
Sg. oblicuo -i -y -ay (W), -e (E)
Pl. directo (Nominativo) -t -t -ot
Pl. oblicuo -ti -ti -oti

Exemplos:

  • kat : obl.sg. káti, pl. katt, obl.pl. kátti
  • mayn (W) / men (E) : obl.sg. máyni/méni, pl. maynt/ment, obl.pl. máynti/ménti
  • póda : obl.sg. póday/póde, pl. pódot, obl.pl. pódoti
  • čalló : obl.sg. čallóy, pl. čallót, obl.pl. čallóti
  • zindagī́ : obl.sg. zindagī́y, pl. zindagī́t, obl.pl. zindagī́ti
  • mórti : obl.sg. mórtiy, pl. mórtit, obl.pl. mórtiti


  • Tamén a construción ezafé (izofat) é usada en iagnobiano, aparecen en frases e construcións adaptadas do taxico, ou con palabras de orixe taxica.

Pronomes[editar | editar a fonte]

Pronomes persoais[editar | editar a fonte]

Formas dos pronomes persoais:

Persoa Singular Plural
man mox
tu šumóx
ax, áxtit, íštit

A 2ª peros do plural, šumóx tamén se usa para a forma de cortesía da 2ªpersoa.

O caso oblicuo[editar | editar a fonte]

Formas do casp oblicuo:

Persoa Singular Plural
man mox
taw šumóx
áwi, it áwtiti, ítiti
O pronomne persoal, forma enclítica[editar | editar a fonte]

As formas enclíticas do pronome persoal:

Persoa Singular Plural
-(i)m -(i)mox
-(i)t -šint
-(i)š -šint

Verbos[editar | editar a fonte]

Terminacións de persoa - presente:

Persoa Singular Plural
-omišt -imišt
-išt -tišt (W, Tr.), -sišt (E)
-tišt (W), -či (E, Tr.) -ošt

Terminacións de persoa - pretérito (con aumento a-):

Persoa Singular Plural
a- -im a- -om (W), a- -im (E, Tr.)
a- -i a- -ti (W, Tr.), a- -si (E)
a- - a- -or

Engadindo a terminación -išt ao pretérito fórmase un pretérito durativo.


O Participio: o participio presente fórmase engadindo -na á raíz verbal. O participio pasado (ou participio perfecto) fórmase engadindo a terminación -ta á raíz do verbo.

O Infinitivo fórmase engadindo a terminación -ak á raíz do verbo.

A Negación fórmase co prefixo na-, combinándoo co aumento en pretérito cambia a ni-.

A Cópula - Presente:

Persoa Singular Plural
īm om
išt ot (W, Tr.), os (E)
ast, -x, xast, ásti, xásti or

Léxico[editar | editar a fonte]

O coñecemento do léxico actual iagnobiano proven de tres traballos principais - dun Dicionario iagnobino-ruso con textos iagnobianos por Andrejev e Peščereva e por lista vocabularia escrita por Xromov en Gramática iagnobiana. O último traballo é un Dicionario Iagnobiano-Taxico recopilado por un estudante de Xromov Sayfiddīn Mīrzozoda. Polo que hoxe sabemos que en iagnobiano as palabras de orixe taxico representan a maioría do léxico (máis ou menos 60%), despois están as palabras de orixe túrquica (por enriba do 5%, principalmente do uzbeco) e unhas poucas palabras do ruso (aprox. 2%; recordemos que através do ruso tamén chegan moitas de uso internacional ao iagnobino). Así pois só un terzo do léxico é de orixe iranio oriental, estas palabras poden ser facilmente comparadas coas que coñecemos do sogdiano, iriano (ossetio), linguas do Pamir ou paxto.

Texto Exemplo[editar | editar a fonte]

"Fálγar-at Yáγnob asosí láf-šin ī-x gumū́n, néki áxtit toǰīkī́-pi wóvošt, mox yaγnobī́-pi. 'Mʏ́štif' wóvomišt, áxtit 'Muždív' wóvošt." [ˈfalʁæratʰ ˈjæʁnɔːb asɔːˈsiː ˈlafʆin ˈiːχ gʊˈmuːn ˈneːce ˈæχtɪtʰ tʰɔːʤiːˈciːpe ˈβ̞ɔːɔːʆtʰ moːʁ jæʁnɔːˈbiːpe ˈmyːʆtɪf ˈβ̞ɔːɔːmɪʆtʰ ˈæχtɪtʰ mʊʒˈdɪv ˈβ̞ɔːɔːʃtʰ]

"En Falgar e en Iagnob existe certamente unha lingua básica, pero eles falan taxico e nós falamos iagnobiano. Nós dicimos 'Müštif', eles din 'Muždiv'."

(En escritura con ortografía cirílica, escribiríase da seguinte maneira: "Фалғарат Яғноб асоси лафшин их гумун, неки ахтит тоҷикӣпи воошт, мох яғнобӣпи. 'Муштиф' воомишт, ахтит 'Муждив' воошт.")

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=yai. Fontes do Summer Institute of Languages, (estes datos son bastante vellos, xa que datan de 1975.)
  2. Enciclopedia Iranica, Yaghnobī
  3. The Cyrillic Tajik alphabet-based writing were invented by Sayfiddīn Mīrzozoda in 1990s.Ягнобцы - Форум «Центральноазиатского исторического сервера»
  4. Enciclopedia Iránica."Yaghnobí"
  5. V. S. Sokolova, Yagnobskij jazyk ("Lingua iagnobiana"), en V. S. Sokolova, Ocherki po fonetike iranskikh jazykov ("Esbozos do sistema fonético das linguas iranias"), Moscova e San Petersbugo, 1953, p. 63.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • М. С. Андреев, Е. М. Пещерева, Ягнобские тексты с приложением ягнобско-русского словаря, Москва - Ленинград 1957.

(M. S. Andrejev, Je. M. Peščereva, Jagnobskije teksty s priloženijem jagnobsko-russkogo slovarja, Moskva - Leningrad 1957) (en ruso)

  • М. Н. Боголюбов, Ягнобский (новосогдийский) язык. Исследование и материалы. Автореферат на соискание ученой степени доктора филологических наук, Ленинград 1956. (M. N.Bogoljubov, Jagnobskij /novosogdijskij/ jazyk. Issledovanija i materialy. Avtoreferat na soiskanije učenoj stepeni doktora filologičeskix nauk, Leningrad 1956) (en ruso)
  • С. Мирзозода, Яғнобӣ зивок, Душанбе 1998.(S. Mirzozoda, Yaġnobī zivok, Duxanbé 1998) (en taxico)
  • С. Мирзозода, Луғати яғнобӣ - тоҷикӣ, Душанбе 2002. (S. Mirzozoda, Luġat-i yaġnobī - tojikī, Duxanbé 2002) (en taxico)
  • А. Л. Хромов, Ягнобский язык, Москва 1972. (A. L. Xromov, Jagnobskij jazyk, Moscova 1972) (en ruso).
  • A. L. Xromov, Uslovnje jazyki u iranskikh narodov (Linguas secretas dos pobos iranios), Vostochnaja filologija (Filoloxía Oriental) 4, Duxanbé 1976, pp. 3-19.)
  • A. L. Xromov, Jagnobskij jazyk (Lingua iagnobí), en Osnovy iranskogo jazykoznanija, Novoiranskie jazyki: vostochnaja gruppa (Elementos necesarios de lingüística irania, Novas linguas iranias: grupo oriental), Moscova, 1987, pp. 644–701.
  • V. S. Sokolova, Yagnobskij jazyk ("Lingua iagnobí"), en V. S. Sokolova, Ocherki po fonetike iranskikh jazykov ("Esbozos do sistema fonético das linguas iranias"), Moscova e San Petersbugo ("Leningrado"), 1953, pp. 59–79.
  • Bielmeier, Yaghnōbī, en R. Schmitt, ed., Compendium Linguarum Iranicarum, Wiesbaden, 1989, pp. 480–88. M. N.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]