Linguas iranias orientais setentrionais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O grupo oriental setentrional ten só tres membros activos en dúas áreas bastamente separadas, a lingua iagnobí en Taxiquistán (descendente do sogdiano) e a lingua oseta no Cáucaso en Iristán do norte (Rusia) e do sur (Xeorxia) (tamén coñecido e chamado Osetia), (descendente dos escito-sármatas). Estes son restos dun vasto contínuum etnolingüístico que percorría a maioría das estepas de Asia Central no milenio I a.C. A mesma lingua avéstica, o máis antigo testemuño da rama irania, é un membro deste grupo. Coa presenza grega en Asia Central, algunhas da maioría destas linguas orientas deixaron testemuña no seu período iranio medio, mentres que dende o oeste de Cazaquistán (ou Cazaquia) a través da estepa Póntica ata Ucraína case ningunha testemuña do extenso contínuum escito-sármata sobreviviu.