Linda Hunt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linda Hunt
Linda Hunt.jpg
Nome completo Lydia Susanna Hunter
Nacemento 2 de abril de 1945 (73 anos)
Lugar Morristown, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s) Karen Klein (2008 - actualidade)[1]
Profesión Actriz
editar datos en Wikidata ]

Lydia Susanna Hunter, nada en Morristown (Nova Jersey) o 2 de abril de 1945 é unha actriz estadounidense, coñecida como Linda Hunt.

Hunt mide 1,45 metros de alto. No instituto diagnosticáronlle déficit da hormona do crecemento.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hunt naceu en Nova Jersey,[3] e creceu en Westport, Connecticut. É unha das dúas fillas de Raymond Davy Hunter, vicepresidente de Harper Fuel Oil en Long Island, e Elsie Doying Hunter, profesora de piano.[4] Estudou artes escénicas en Chicago.[5]

Debutou no cinema en 1980 coa comedia musical de Robert Altman Popeye. Dous anos despois interpretou a Billy Kwan en O ano que vivimos perigosamente, adaptación de Peter Weir da novela homónima. Polo seu papel de fotógrafo chinés-australiano gañou o Oscar á mellor actriz secundaria, converténdose na primeira persoa que gañou un Oscar por interpretar unha personaxe do sexo oposto.[6]

No teatro triunfou entre outros no papel protagonista de Nai Coraxe e mais os seus fillos, de Bertolt Brecht.[7]

Na serie de televisión traballou en series como The Practice, Without a Trace e NCIS: Los Angeles.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1980 Popeye Mrs. Oxheart
1982 O ano que vivimos perigosamente Billy Kwan
1984 Dune Shadout Mapes
The Bostonians Dr. Prance
1985 Eleni Katina
Silverado Stella
1987 Waiting for the Moon Alice B. Toklas
1989 She-Devil Hooper
1990 Kindergarten Cop Miss Schlowski
Carmilla Narrator
1991 If Looks Could Kill Ilsa Grunt
1992 Rain Without Thunder Atwood Society Director
1993 Younger and Younger Frances
Twenty Bucks Angeline
1994 Prêt-à-Porter Regina Krumm
1995 Pocahontas Grandmother Willow voz
1997 The Relic Dr. Ann Cuthbert
Eat Your Heart Out Kathryn
1998 Pocahontas II: Journey to a New World Grandmother Willow voz
2002 Dragonfly Sister Madeline
2005 Auschwitz: The Nazis and the 'Final Solution' Narrator voice
Yours, Mine & Ours Mrs. Munion
The Great Transatlantic Cable Narradora
2006 Stranger Than Fiction Dr. Mittag-Leffler
2007 The Singing Revolution Narradora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Linda Hunt". Fatctoidz. Consultado o 2 de novembro de 2011. 
  2. Buchalter,Gail. "There are Always Answers" Parade Magazine, 1991 http://news.google.com/newspapers?nid=1243&dat=19910502&id=UKpFAAAAIBAJ&sjid=OocDAAAAIBAJ&pg=3689,6938803
  3. "Linda Hunt". Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2010. 
  4. "Linda Hunt Biography". filmreference.com. Consultado o 12 de decembro de 2010. 
  5. Lacob, Jace (26 de setembro de 2011). "The Cult of Linda Hunt". The Daily Beast. Consultado o 3 de novembro de 2011. 
  6. "Oscar trivia". Daily Mail. Consultado o 26 de maio de 2011. 
  7. Rich, Frank (29 de xaneiro de 1984). "Theater: Mother Courage in Boston". The New York Times. Consultado o 12 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]