Saltar ao contido

Carnivàle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carnivàle
 Título
Carnivàle Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
 Composto por
Autoría
 Creador/a
 Compositor/a
Jeff Beal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
 País de orixe
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
 Formato de distribución
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
7 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
27 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Número de episodios
24 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
2 Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0319969 Allocine: 181 Rottentomatoes: tv/carnivale Metacritic: tv/carnivale TV.com: shows/carnivale
Facebook: Carnivale Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Carnivàle é unha serie de televisión estadounidense ambientada na Gran Depresión e no Dust Bowl. Conta a historia das vidas de dous disparatados grupos de persoas, o tempo que trata os temas da loita entre o ben e o mal, e o dilema do libre albedrío e do destino. Tamén aparecen mesturados a teoloxía cristiá co gnosticismo e a masonería, particularmente a da Orde dos templarios. A serie foi filmada en Santa Clarita (California), e noutras localización do sur de California.

Carnivàle foi producida pola HBO e tivo dúas tempadas entre o 14 de setembro de 2003 e o 27 de marzo de 2005. Foi creada por Daniel Knauf, que tamén foi o seu produtor executivo canda Ronald D. Moore e Howard Klein. A música foi composta por Jeff Beal. Nick Stahl e Clancy Brown interpretan ós protagonistas Ben Hawkins e Justin Crowe, respectivamente.

A crítica louvou o estilo de Carnivàle pero cuestionou o enfoque e a execución da historia. O seu primeiro episodio acadou un récord de audiencia para unha serie orixinal da HBO,[1] pero a serie non foi quen de manter os espectadores na segunda tempada. Carnivàle foi cancelada despois de 24 episodios, acabando con catro das seis tempadas pretendidas. Gañou cinco premios Emmys no 2004, foi nomeada a outros dez, e recibiu outros moitos nomeamentos entre 2004 e 2006.[2]

  1. Oei, Lily (16 de setembro de 2003). "Solid 'Carnivale' start after HBO's hot 'Sex'". Variety. Consultado o 5 de agosto de 2007. 
  2. Internet Movie Database (ed.). "Awards for "Carnivàle"". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o 27 de agosto de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]