Liga Mexicana de Béisbol
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | béisbol |
Organizador | Minor League Baseball |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | México |
Vixencia | 1876 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | lmb.com.mx |
A Liga Mexicana de Béisbol, ou LMB, é o principal campionato de liga de béisbol profesional que se disputa en México. Trátase dunha liga de verán, a diferenza doutras ligas de béisbol mexicanas menos importantes que discorren durante os meses de outono e inverno (como a Liga Mexicana do Pacífico, ou LMP). Así pois, a LMB comeza cada ano en marzo e remata en agosto cos play offs.
Polo número de espectadores que enchen os estadios, a LMB é a cuarta liga de béisbol máis importante do mundo, despois da MLB norteamericana, da NPB xaponesa e da KBO surcoreana.
Liga menor
[editar | editar a fonte]A Liga Mexicana de Béisbol naceu no ano 1925 e dende 1955 forma parte do béisbol organizado norteamericano. A LMB é unha minor league de nivel AAA, o que quere dicir que ten a máxima categoría dentro da estrutura das ligas menores da MLB norteamericana. As ligas menores son torneos asociados á MLB nas que os equipos traballan cos seus xogadores, con promesas saídas do sistema deportivo universitario norteamericano e con outros xogadores que os equipos da MLB queren poñer a proba. Moitos equipos da Liga Mexicana de Béisbol teñen acordos asinados en exclusiva con equipos da Major League Baseball para a cesión de xogadores. A Liga Mexicana de Béisbol ten a particularidade de ser a única competición pertencente ó béisbol organizado norteamericano que está enteiramente fóra dos Estados Unidos.
Formato
[editar | editar a fonte]O campionato 2011 xogouse a 40 series, 24 fronte a rivais da mesma zona (catro fronte a cada equipo, dous como local e dous como visitante), e 14 fronte a rivais da outra zona (dous fronte a cada equipo, un como local e un como visitante). Os primeiros 90 encontros se xogáronse en series de tres (30 series), mentres que as series restantes se xogaron a dous partidos (10 series). En total cada equipo xogou 110 encontros. No medio da tempada regular, a finais de maio, xogouse un "encontro das estrelas".
Ó remate da tempada regular, os catro mellores equipos de cada zona xogaron os play offs. Primeiro o primeiro de cada zona fronte ó cuarto, e o segundo fronte ó terceiro, en eliminatorias ó mellor de sete encontros. Despois os gañadores de cada eliminatoria enfrontáronse entre si nas series do campionato ó mellor de sete encontros. Os equipos campións de cada zona (Norte e Sur) enfrontáronse por último nas series finais, tamén ó mellor de sete encontros, e o gañador foi o Campión da Liga Mexicana de Béisbol. Nas Series Finais ten vantaxe de campo o equipo pertencente á zona que gaña no "encontro das estrelas".
Equipos
[editar | editar a fonte]Campións
[editar | editar a fonte]Os equipos máis dominadores da historia da LMB son os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey, con 16, 12 e 10 títulos respectivamente.
Equipos | Campionatos | Subcampionatos | Tempadas campión | Tempadas subcampión |
---|---|---|---|---|
Diablos Rojos | 16 | 17 | 1956, 1964, 1968, 1973, 1974, 1976, 1981, 1985, 1987, 1988, 1994, 1999, 2002, 2003, 2008, 2014 | 1940, 1941, 1946, 1947, 1957, 1958, 1963, 1966, 1970, 1977, 1991, 1995, 1996, 1997, 2000, 2001, 2011 |
Tigres | 12 | 6 | 1955, 1960, 1965, 1966, 1992, 1997, 2000, 2001, 2005, 2011, 2013, 2015 | 1956, 1982, 1999, 2002, 2003, 2009 |
Sultanes | 10 | 10 | 1943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007, 2018 (O) | 1942, 1944, 1953, 1969, 1986, 1994, 2006, 2008, 2013, 2018 (P) |
Rojos del Águila | 6 | 4 | 1937, 1938, 1952, 1961, 1970, 2012 | 1939, 1960, 1962, 1968 |
Tecolotes | 5 | 7 | 1953, 1954, 1958, 1977, 1989 | 1945, 1955, 1959, 1985, 1987, 1992, 1993 |
Pericos | 4 | 7 | 1963, 1979, 1986, 2016 | 1948, 1961, 1964, 1965, 2010, 2014, 2017 |
Leones | 4 | 5 | 1957, 1984, 2006, 2018 (P) | 1954, 1989, 2007, 2019, 2021 |
Azules | 4 | 0 | 1940, 1941, 1944, 1951 | - |
Alijadores | 3 | 0 | 1945, 1946, 1975 | - |
Algodoneros | 2 | 7 | 1942, 1950 | 1943, 1949, 1952, 1974, 1976, 1978, 1990 |
Saraperos | 2 | 6 | 2009, 2010 | 1971, 1972, 1973, 1988, 2004, 2005 |
Agrario | 2 | 2 | 1935, 1936 | 1937, 1938 |
Tigres | 2 | 1 | 1930, 1933 | 1935 |
Cafeteros | 2 | 1 | 1939, 1972 | 1975 |
Charros | 2 | 1 | 1967, 1971 | 1950 |
Toros | 2 | 1 | 2017, 2021 | 2016 |
Piratas | 2 | 0 | 1939, 1972 | - |
Indios | 1 | 4 | 1982 | 1979, 1980, 1983, 1984 |
Broncos | 1 | 2 | 1969 | 1967, 1981 |
Acereros | 1 | 2 | 2019 | 1998, 2015 |
Leones de O.P. | 1 | 1 | 1931 | 1930 |
Rieleros | 1 | 1 | 1978 | 2012 |
Guerreros | 1 | 1 | 1998 | 2018 (O) |
74 Regimiento | 1 | 0 | 1925 | - |
Ocampo | 1 | 0 | 1926 | - |
Gendarmería | 1 | 0 | 1927 | - |
Policía | 1 | 0 | 1928 | - |
Chiclets Adams | 1 | 0 | 1929 | - |
Tráfico | 1 | 0 | 1932 | - |
Monte de Piedad | 1 | 0 | 1934 | - |
Petroleros | 1 | 0 | 1959 | - |
Bravos | 1 | 0 | 1990 | - |
Olmecas | 1 | 0 | 1993 | - |