Liga Mexicana de Béisbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liga Mexicana de Béisbol
Estadio de beisbol en Monterrey.jpg
Fundación28 de xuño de 1925 (hai 95 anos)
RexiónFlag of Mexico.svg México
Estados Unidos de América Estados Unidos
PresidenteHoracio de la Vega
Equipos16
Actual campiónAcereros de Monclova (1º título)
Máis laureadoDiablos Rojos del México (16 títulos)
TelevisiónAYM Sports, iTV Deportes
Latin American Sports, Megacable
Multimedios, Televisa
TV Azteca, TVC Deportes
Sitio webmilb.com/mexican

A Liga Mexicana de Béisbol, ou LMB, é o principal campionato de liga de béisbol profesional que se disputa en México. Trátase dunha liga de verán, a diferenza doutras ligas de béisbol mexicanas menos importantes que discorren durante os meses de outono e inverno (como a Liga Mexicana do Pacífico, ou LMP). Así pois, a LMB comeza cada ano en marzo e remata en agosto cos play offs.

Polo número de espectadores que enchen os estadios, a LMB é a cuarta liga de béisbol máis importante do mundo, despois da MLB norteamericana, da NPB xaponesa e da KBO surcoreana.

Liga menor[editar | editar a fonte]

A Liga Mexicana de Béisbol naceu no ano 1925 e dende 1955 forma parte do béisbol organizado norteamericano. A LMB é unha minor league de nivel AAA, o que quere dicir que ten a máxima categoría dentro da estrutura das ligas menores da MLB norteamericana. As ligas menores son torneos asociados á MLB nas que os equipos traballan cos seus xogadores, con promesas saídas do sistema deportivo universitario norteamericano e con outros xogadores que os equipos da MLB queren poñer a proba. Moitos equipos da Liga Mexicana de Béisbol teñen acordos asinados en exclusiva con equipos da Major League Baseball para a cesión de xogadores. A Liga Mexicana de Béisbol ten a particularidade de ser a única competición pertencente ó béisbol organizado norteamericano que está enteiramente fóra dos Estados Unidos.

Formato[editar | editar a fonte]

O campionato 2011 xogouse a 40 series, 24 fronte a rivais da mesma zona (catro fronte a cada equipo, dous como local e dous como visitante), e 14 fronte a rivais da outra zona (dous fronte a cada equipo, un como local e un como visitante). Os primeiros 90 encontros se xogáronse en series de tres (30 series), mentres que as series restantes se xogaron a dous partidos (10 series). En total cada equipo xogou 110 encontros. No medio da tempada regular, a finais de maio, xogouse un "encontro das estrelas".

Ó remate da tempada regular, os catro mellores equipos de cada zona xogaron os play offs. Primeiro o primeiro de cada zona fronte ó cuarto, e o segundo fronte ó terceiro, en eliminatorias ó mellor de sete encontros. Despois os gañadores de cada eliminatoria enfrontáronse entre si nas series do campionato ó mellor de sete encontros. Os equipos campións de cada zona (Norte e Sur) enfrontáronse por último nas series finais, tamén ó mellor de sete encontros, e o gañador foi o Campión da Liga Mexicana de Béisbol. Nas Series Finais ten vantaxe de campo o equipo pertencente á zona que gaña no "encontro das estrelas".

Equipos[editar | editar a fonte]

Current Mexican Baseball League team locations:     North Division     South Division
Zona Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación
Norte Acereros de Monclova Monclova, Coahuila Monclova 8.500 1974
Algodoneros de Unión Laguna Torreón, Coahuila Revolución 9.500 1940
Generales de Durango Durango, Durango Francisco Villa 4.983 2016
Rieleros de Aguascalientes Aguascalientes, Aguascalientes Alberto Romo Chávez 6.494 1975
Saraperos de Saltillo Saltillo, Coahuila Francisco I. Madero 16.000 1970
Sultanes de Monterrey Monterrey, Nuevo León Mobil Super 22.061 1939
Tecolotes de los Dos Laredos Nuevo Laredo, Tamaulipas
Laredo, Texas
Parque la Junta
Uni-Trade
6.000
6.000
1940
Toros de Tijuana Tijuana, Baja California Chevron 17.000 2004
Sur Bravos de León León, Guanajuato Domingo Santana 6.500 1978
Diablos Rojos del México Iztacalco, Cidade de México Alfredo Harp Helú 20.576 1940
Guerreros de Oaxaca Oaxaca, Oaxaca Eduardo Vasconcelos 7.200 1996
Leones de Yucatán Mérida, Iucatán Kukulcán Alamo 14.917 1954
Olmecas de Tabasco Villahermosa, Tabasco Centenario 27 de Febrero 8.500 1975
Pericos de Puebla Puebla, Puebla Hermanos Serdán 12.112 1938
Piratas de Campeche Campeche, Campeche Nelson Barrera 6.000 1980
Tigres de Quintana Roo Cancún, Quintana Roo Beto Ávila 9.500 1955

Campións[editar | editar a fonte]

Os equipos máis dominadores da historia da LMB son os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey, con 15, 10 e 9 títulos respectivamente.

Equipos Campionatos Subcampionatos Tempadas campión Tempadas subcampión
Diablos Rojos 15 17 1956, 1964, 1968, 1973, 1974, 1976, 1981, 1985, 1987, 1988, 1994, 1999, 2002, 2003, 2008 1940, 1941, 1946, 1947, 1957, 1958, 1963, 1966, 1970, 1977, 1991, 1995, 1996, 1997, 2000, 2001, 2011
Tigres 10 6 1955, 1960, 1965, 1966, 1992, 1997, 2000, 2001, 2005, 2011 1956, 1982, 1999, 2002, 2003, 2009
Sultanes 9 6 1943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007 1953, 1969, 1986, 1994, 2006, 2008
Rojos del Aguila 5 4 1937, 1938, 1952, 1961, 1970 1939, 1960, 1962, 1968
Pericos 4 5 1925, 1963, 1979, 1986 1948, 1961, 1964, 1965, 2010
Saraperos 3 6 1980, 2009, 2010 1971, 1972, 1973, 1988, 2004, 2005
Leones 3 3 1957, 1984, 2006 1954, 1989, 2007
Piratas 2 0 1983, 2004 -
Broncos 1 2 1969 1967, 1981
Olmecas 1 0 1993 -
Guerreros 1 0 1998 -
Acereros 0 1 - 1998
Petroleros 0 0 - -
Vaqueros 0 0 - -

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]