Libanio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLibanio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 314 Editar o valor em Wikidata
Antioquía do Orontes Editar o valor em Wikidata
Morte393 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Antioquía do Orontes Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónretórico , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDiofanto de Atenas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Libanio (en latín, Libanius; en grego, Λιβάνιος ) nado en Antioquía contra o 314-315, foi o máis distinguido entre os sofistas retóricos gregos do século IV. Durante o ascenso da hexemonía cristiá na etapa final do Imperio Romano, permaneceu inconverso e en asuntos relixiosos foi un pagán helenizado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Antioquia na Siria dentro dunha ilustre familia vinda a menos. Recibiu educación na súa cidade natal e con catorce anos comezou o estudo da retórica e os seus coñecementos levárono a Atenas, onde foi discípulo de Zenón. O sistema petulante que estaba en vigor en Atenas non lle gustou polo que acabou adicándose máis aos estudos privados que aos que organizaron escolas, e estudou clásicos gregos.

Chamou a atención polo seu talento e perseveranza e foi nomeado orador, pero el rexeitou o cargo e abandonou a cidade para acompañar ao seu amigo Crispín a Heraclea do Ponto. Ao seu regreso pasou por Constantinopla onde atopou ao filósofo Nicocles de Lacedemonia quen o invitou a permanecer na cidade.

Tras resolver uns asuntos en Atenas, volveu a Constantinopla pero, estando ausente, un retórico de Capadocia ocupou o lugar que esperaba conseguir polo que tivo que abrir unha escola privada e en pouco tempo obtivo un gran número de alumnos até o punto de que as escolas públicas quedaron sen estudantes.

Os afectados denunciárono como un mago e o prefecto Limenio, inimigo seu, apoiou a acusación e, no 346, expulsárono da cidade. Marchou a Nicomedia onde ensinou co mesmo éxito e provocou a mesma hostilidade. Estivo cinco anos na cidade, período que el mesmo definiu como o máis feliz da súa vida, e volveu a Constantinopla, onde foi recibido con frialdade e tivo que volver a Nicomedia; alí, ao se declarar unha epidemia, abandonou de novo a cidade regresando a Constantinopla onde ensinou até o 354.[1]

Un amigo seu, conseguiulle un posto en Atenas que Libanio rexeitou por segunda vez. Marchou cara a súa cidade natal, Antioquía, e cando volveu a Constantinopla enfermou; pediu ao emperador poderse establecer en Antioquía, onde permaneceu ata o final da súa vida ocupando a cátedra de retórica. Os seus alumnos eran tanto pagáns coma cristiáns,[1] e entre os seus alumnos houbo cristiáns relevantes coma San Basilio e San Xoán Crisóstomo.[2][3]

Libanio non chegou a casar pero tivo parella. Era pagán e simpatizaba cos obxectivos de Xuliano o Apóstata, que fora tamén alumno seu[4] e con quen mantivera unha certa correspondencia que se conserva, e en cuxa memoria escribiu un fato de oracións compostas entre 362 e 365.

Descoñécese cando morreu, pero tivo que ser con posterioridade ao 391, pois este ano aínda estaba vivo.

Obras[editar | editar a fonte]

As obras conservadas de Libanius, que inclúen máis de 1.600 cartas e 64 discursos, son valiosas como fonte histórica para o cambiante mundo posterior ao século IV.[1] A súa oración "Unha resposta a Arístides en nome dos danzantes", escrita aproximadamente no 361, é un dos rexistros máis importantes da danza romana, particularmente desa forma popular coñecida como pantomima.[5] A súa primeira Oración I é unha narrativa autobiográfica, escrita por primeira vez en 374 e revisada ao longo das súa vida, comeza como o relato dun erudito e remata coma o diario privado dun vello exiliado.

A súas obras consisten de declamacións, oracións, unha vida de Demóstenes, unha autobiografía e cartas variadas das que hai máis de mil seiscentas agrupanse en:[6]

  • 64 oracións nos tres campos da oratoria: xudicial, deliberativa e epideíctica. Son oracións tanto públicas como destinadas a ser leídas en privado (en voz alta) no estudo. Están referidas ao emperador Xuliano, a Teodosio pero a máis famosa é a súa "Lamentación" por mor da profanacións dos templos (Περὶ τῶν Ἱερῶν);
  • 51 declamacións, un formato tradicional da Retórica na antigüidada, que abrangue temas históricos e mitolóxicos;
  • 57 hipóteses ou introducións ás oracións de Demóstenes (escritas cara o 352), ás que coloca no contexto histórico para o lector novato, sen polémicas;
  • varias ducias de exercicios de escritura modelo, Progymnasmata, que se empregaron nos seus de instrución e se converteron en modelos do bo estilo amplamente admirados;
  • Conserváronse 1.545 cartas (Ἐπιστολαί) máis cás de Cicerón. Na Idade Media, aceptáronse unhas 400 cartas adicionais en latín, que se pensaba eran traducións, mais unha análise desapaixoada dos textos amosan que forma mal atribuídas a Libanio ou falsificadas polo humanista italiano Francesco Zambeccari no séculos XV.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Speake (1990), p. 374
  2. Cameron, A. (1998). "Education and literary culture". En Cameron, A.; Garnsey, P. The Cambridge ancient history: Vol. XIII The late empire, A.D. 337-425 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 668–669. 
  3. Gheorghiu (2011), p. 17
  4. Gheorghiu (2011), p. 18
  5. Zanobi, Alessandra. "Ancient Pantomime and its Reception". APGRD (Archive of Performances of Greek and Roman Drama) (en inglés). Consultado o 9-7-2019. 
  6. "Libanio (314 - c. 395)". iglesiapueblonuevo.es. Consultado o 29-04-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gheorghiu, Virgil (2011). San Juan Crisóstomo: Patriarca de Constantinopla y apasionante predicador (en castelán). Madrid: Ediciones Palabra. ISBN 978-84-9840-509-5. 
  • Speake, Graham, ed. (1994). Dictionary of Ancient History (en inglés). Londres: Penguin Books. ISBN 0-14-051260-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]