Liú Làng Dì Qiú Èr
| Liú Làng Dì Qiú Èr | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Liú Làng Dì Qiú Èr (en chinés: 流浪地球2) é un filme chinés de 2023 dirixido e coescrito por Frant Gwo. Está protagonizado por Wu Jing, Andy Lau e Li Xuejian. O filme é unha precuela do filme de 2019 Liú Làng Dì Qiú, que á súa vez se basea na historia curta homónima de Liu Cixin, quen tamén é produtor do filme.
Logo do grande éxito do seu predecesor, Guo anunciou unha secuela o 20 de novembro de 2019 antes de que o proxecto fose confirmado o 21 de xullo de 2021. A produción comezou oficialmente o 13 de outubro de 2021.[1] Liú Làng Dì Qiú Èr estreouse o 22 de xaneiro de 2023, o día do Ano Novo Chinés.[2] Recadou 604 millóns de dólares, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2023.
Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado. O terceiro título da serie, The Wandering Earth 3, estrearase en 2027.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Wu Jing como Liu Peiqiang
- Andy Lau como Tu Hengyu
- Li Xuejian como Zhou Zhezhi
- Sha Yi como Zhang Peng
- Ning Li como Ma Zhao
- Wang Zhi como Han Duoduo
- Zhu Yanmanzi como Hao Xiaoxi
- Khalid Ghanem como comandante da torre
- Andy Friend como Mike, o embaixador estadounidense[4]
- Vitalli Makarychev como Andre Graschnov
- Clara Lee, Tony Nicholson e Vladimir Ershov como os tres secuestradores do ascensor espacial que intentaron facerse pasar por aprendices de astronautas.
- Daniela Dassy como astronatura brasileira.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "現身《流浪地球2》開機儀式 劉德華戲鬥吳京張豐毅 (21:00)".[Ligazón morta]
- ↑ Davis, Rebecca (21 de xullo de 2021). "'Wandering Earth 2' Adds Andy Lau, Will Begin Production in the Fall After Being Approved by Censors". Variety. Consultado o 29 de xaneiro de 2023.
- ↑ Verhoeven, Beatrice (27 de outubro de 2023). "China Submits 'The Wandering Earth 2' As Its 2024 International Oscars Entry (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "Khalid Ghanem". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-02-19.
- ↑ Zerbetto, Rafael Henrique (2023-02-03). "Uma mensagem do filme Terra à Deriva 2 para o Brasil". Revista Fórum (en portugués). Consultado o 2023-04-30.
- ↑ "Brazilian actress in "The Wandering Earth 2" fulfills dream in China". english.news.cn. 2023-03-24. Consultado o 2023-04-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2023
- Filmes en lingua mandarín
- Filmes da China
- Filmes dirixidos por Frant Gwo
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes rodados en Irlanda
- Filmes rodados en Islandia
- Filmes rodados na India
- Filmes rodados en París
- Filmes rodados en Italia
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes postapocalípticos
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX