Ne Zha (filme de 2019)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ne Zha
Ficha técnica
Título orixinal哪吒之魔童降世
Nézhā zhī Mótóng Jiàngshì
DirectorJiaozi
Produtor
  • Wei Yunyun
  • Liu Wenzhang[1]
GuiónJiaozi
Baseado enFengshen Yanyi de Xu Zhonglin[2]
Intérpretes
  • Lü Yanting
  • Joseph
  • Han Mo
  • Chen Hao
  • Lü Qi
  • Zhang Jiaming
  • Yang Wei[3]
MúsicaWan Pin Chu[1]
EstudioChengdu Coco Cartoon[4]
DistribuidoraBeijing Enlight Pictures[4]
EstreaPequín: 11 de xullo de 2019[5]
Duración110 minutos[6][3][7]
OrixeFlag of the People's Republic of China.svg China
XéneroAnimación
Orzamento20 millóns de dólares[8]
Recadación
  • 723,65 millóns de dólares (China)[9]
  • 728,99 millóns de dólares (internacional)[10][11]

Ne Zha[6][12][3][13] (en chinés: 哪吒之魔童降世;[3] Nézhā zhī Mótóng Jiàngshì), tamén escrito como Nezha,[14][13][15] é un filme chinés de animación de 2019 dirixido e escrito por Jiaozi.[15] A produción da animación foi realizada por Chengdu Coco Cartoon, do propio director.[4][16] Conta a historia do popular personaxe da mitoloxía chinesa Nezha, e o argumento está vagamente basead na novela clásica Fengshen Yanyi, atribuída a Xu Zhonglin.[2][17]

Estreouse na China exclusivamente en cinemas IMAX e China Film Giant Screen[7] o 13 de xullo de 2019, e posteriormente noutros cinemas o 26 de xullo,[3] sendo distribuído por Beijing Enlight Pictures.[4] É o primeiro filme de produción chinesa estreado en formato IMAX,[16] e, malia ser o primeiro filme do director e do estudio de animación, e non contar con voces coñecidas de dobraxe, foi un dos meirandes éxitos comerciais da historia da animación e do cinema chinés, estabelecendo numerosos récords de recadación: en agosto de 2019, era o filme de animación con maior recadación da China,[18] e o segundo filme en lingua non inglesa con maior recadación de tódolos tempos. Con máis de 725 millóns de dólares,[9] foi o cuarto filme de animación do ano e o segundo de tódolos tempos na China.[19]

Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios,[20] converténdose no primeiro filme animado da China en conseguilo,[21] mais finalmente non foi nomeado. Unha secuela, Jiāng Zǐyá, será estreada a comezos de 2020.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Lü Yanting como Nezha de neno, fillo de Li Jing e Lady Yin.
  • Joseph (囧森瑟夫) como Nezha adolescente
  • Han Mo como Ao Bing
  • Chen Hao como Li Jing
  • Lü Qi como Lady Yin
  • Zhang Jiaming como Taiyi Zhenren
  • Yang Wei como Shen Gongbao

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "哪吒之魔童降世 的全部演职员". movie.douban.com (en chinés). 
  2. 2,0 2,1 Zhang, Phoebe (4 de agosto de 2019). Yahoo, ed. "Chinese animated legend Nezha makes box office history, roaring past The Lion King". Consultado o 10 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "哪吒之魔童降世 (豆瓣)". movie.douban.com (en chinés). 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Milligan, Mercedes (30 de xullo de 2019). "‘Nezha’ Breaks Chinese Animation BO Records". 
  5. "Ne Zha (2019) - IMDb". imdb.com. 
  6. 6,0 6,1 "NE ZHA | British Board of Film Classification". bbfc.co.uk. 
  7. 7,0 7,1 "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  8. "AiF""Animation is Film". Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  9. 9,0 9,1 EntGroup (ed.). "Boxoffice,China Boxoffice,China film Boxoffice,Weekly Boxoffice,Yearly Boxoffice". Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  10. "Ne Zha Zhi Mo Tong Xiang Shi (2019) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  11. "Ne Zha (2019) - International Box Office Results - Box Office Mojo". boxofficemojo.com. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  12. "Past, present and future releases to Past, Present and Future Releases | UK Recent and Upcoming Movie". launchingfilms.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  13. 13,0 13,1 "NE ZHA (2019)". Well Go USA Entertainment. 
  14. O nome está romanizado como Ne Zha como título do filme mais "Nezha" é o nome oficial do personaxe.
  15. 15,0 15,1 "NE ZHA (2019) Official Trailer | Epic Animated Chinese Movie". youtube.com. 
  16. 16,0 16,1 "$91.5 Million Debut Of 'Nezha' Crushes Animation Records In China". Cartoon Brew. 29 de xullo de 2019. 
  17. thepaper (ed.). "《哪吒之魔童降世》:这部国产动画,值得“吹”" (en chinés). Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  18. "'Nezha' Overtakes 'Zootopia,' Sets All-Time Highest-Grossing Chinese Animation Record". Cartoon Brew. 2 de agosto de 2019. 
  19. "Ne Zha 2nd place on Chinese mainland's all-time box office chart". China.org.cn. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  20. Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "93 Countries in Competition for 2019 International Feature Film Oscar". Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  21. "Oscars: China Selects 'Ne Zha' for International Feature Film Category". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]