Tángshān Dà Dìzhèn
Aparencia
| Tángshān Dà Dìzhèn | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Tángshān Dà Dìzhèn (en chinés: 唐山大地震) é un filme chinés de 2010 dirixido por Feng Xiaogang e producido polos irmáns Huayi. Está protagonizado por Zhang Zifeng, Xu Fan, Zhang Jingchu, Chen Daoming, Lu Yi, Zhang Guoqiang e Li Chen. O filme conta as consecuencias do terremoto de Tangshan de 1976. Estreouse na China o 22 de xullo de 2010, e é o primeiro "gran filme comercial" en IMAX creado fóra dos Estados Unidos de América.[1] O filme foi un grande éxito comercial e recadou máis de 100 millóns de dólares nos cinemas chineses.[2] Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Zhang Jingchu como Fang Deng
- Wendy Zhang como Fang Deng (de nena)
- Li Chen como Fang Da
- Zhang Jiajun como Fang Da (de neno)
- Xu Fan como Li Yuanni
- Zhang Guoqiang como Fang Daqiang
- Chen Daoming como Wang Deqing
- Chen Jin como Dong Guilan
- Lu Yi como Yang Zhi
- Lü Zhong como avoa dos irmáns Fang
- Yong Mei como tía dos irmáns Fang
- Wang Ziwen como Xiaohe
- David F. Morris como Alexander
- Yang Lixin como Niu
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schuker, Lauren A. E. (15 de xuño de 2009). The Wall Street Journal, ed. "Imax Set to Partner With Chinese Studio".
- ↑ Landreth, Jonathan (14 de marzo de 2011). The Hollywood Reporter, ed. "Japanese Distributor Delays 'Aftershock' Release After Sendai Quake".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tángshān Dà Dìzhèn na IMDb (en inglés).