Levanzo
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Égadi | |||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Égadi | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Favignana, Italia (pt) | |||
| ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
| Características | ||||
| Altitude | 278 m | |||
| Superficie | 5,82 km² | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1858 | |||
Levanzo (en siciliano: Lèvanzu) é a máis pequena das tres principais Illas Égadi no Mediterráneo ao oeste de Sicilia, Italia. Forma parte da municipalidade (comune) de Favignana na Provincia de Trapani.
Levanzo ten unha superficie de 5´82 km². O punto máis alto é Pizzo Mónaco cunha altura de 278 m. A illa tiña ao redor de 200 habitantes no ano 2011. A poboación céntrase principalmente ao redor do pequeno porto, que dá moi pouco refuxio das tormentas.
O nome antigo da illa era "Phorbantia", que é unha especie de plantas que crecen alí.
Levanzo é famoso pola "Grotta do Genovese", con arte rupestre Neolítico e do Paleolítico.
Ademais, nas augas de Cala Minnola, no lado oriental da illa de Levanzo, atópase un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Sicilia baixo a auga na que un buque de carga romano, cargado de ánforas de viño, a uns 27 metros de profundidade.[1]
Galería de Imaxes
[editar | editar a fonte]- Unha rúa de Levanzo
- Porto de Levanzo
- Faro de Levanzo
- Vila de Levanzo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bruno, F.; et al. (2017). Virtual diving in the underwater archaeological site of Cala Minnola. Int. Arch. Photogramm. Remote Sens. Spatial Inf. Sci., XLII-2/W3. pp. 121–126.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Levanzo |
