Saltar ao contido

Lepidorhombus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lepidorhombus

Lepidorhombus boscii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Scophthalmidae
Xénero: Lepidorhombus
Günther,
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Rhombus (Lepidorhombus) Günther, 1862 [1]
Lepidorhombus whiffiagonis.

Lepidorhombus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,[1] propios das costas do nordeste do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo,[2][3][4] e coñecidos como meigas ou rapantes.[2][3][4][5]

Son peixes planos que viven en fondos areosos e fangosos da rexión litoral e en augas máis profundas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Lepidorhombus deriva os termos do grego antigo λεπίσ, lepís, "escama" e ῥόμβος rhómbos, "algo que xira",[6] que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "dar voltas e voltas",[7] palabra que foi utilizada tanto por Euclides como por Arquimedes, que utilizaron o termo "rombo sólido" para describir a figura formada por dous conos que comparten unha base común, é dicir, un rombo.[8]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi creado en 1862 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther.

Na actualidade recoñécense no xénero dúas especies:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lepidorhombus Günther, 1862 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  4. 4,0 4,1 Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  5. meiga no dicionario da RAG.
  6. ῥόμβος Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  7. ρέμβω Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  8. The Origin of Rhombus Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]