Leopardus braccatus
Leopardus braccatus Gato do Pantanal Rango fósil: Plistoceno - Actualidade (2,588 - 0 Ma) [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Leopardus braccatus de 1897 (denominado na época Felis bracatta) no volume 51 da Popular Science Monthly. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[Cómpre referencia] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Leopardus braccatus Cope, 1889 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Leopardus braccatus
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
Leopardus braccatus
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Leopardus braccatus, denominado vulgarmente na bibliografía internacional como gato do Pantanal, é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das nove (ou dez, segundo os autoes),[2] integradas no xénero Leopardus.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1889 polo paleontólogo e zoólogo estadounidense Edward Drinker Cope, especialista en anatomía comparada, ictioloxía e herpetoloxía, nun traballo publicado en Am. Nat., 23: 144.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Felis braccata.[4]
- Felis colocola muñoai.
- Felis (Mungofelis) braccatus.
- Leopardus colocolo braccatus (Cope, 1889).[5]
- Lynchailurus pajeros braccatus.
- Lynchailurus braccatus.[6]
- Lynchailurus colocolus braccatus.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[3][7]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Até o ano 2020 era considerado como unha subespecie de Leopardus colocola.[6]
Catracterísticas
[editar | editar a fonte]O gato do Pantanal é de cor parda polas partes superiores, cunha pequena crista ao longo do centro máis escura. Na cara ten dúas liñas escuras transversais en cada meixela. As orellas son avermelladas na base, de cor branca cremosa pola parte exterior e bordeadas por unha banda negra. A garganta é abrancazada que se torna a alaranxada cara aos flancos e no ventre. Ten algunhas rosetas de cor marrón escuro nos flancos e raias nas patas entre o cóbado e o pulso. A punta da cola e as patas son negras.[10]
O seu tamaño é similar ao do gato doméstico.[11]
Hai un só informe dun individuo melánico salvaxe no Brasil, aínda que este patrón de pelaxe tamén se observou nalgúns espécimes en catividade.[12]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]O gato do Pantanal habita en pasteiros e sabanas do centro do Brasil (Mato Grosso e Mato Grosso do Sul, o leste de Bolivia, Uruguai, o oeste de Paraguai e o extremo nordeste da Arxentina (provincia de Formosa).[3][6][13]
Encuóntrase desde o nivel do mar até os 2 000 m de altitude.[12][14]
Dentro das rexións citadas, ocupa unha gran variedade de hábitats, desde praderías abertas até bosques densos, aínda que recibe o seu nome vulgar dos humedais do Pantanal do Brasil, Bolivia e Paraguai.[12]
As áreas de distribución das dúas subespecies están separadas polo río Paraná.[3][6] Leopardus braccatus braccatus distribúese polo centro do Brasil, o leste de Bolivia (Beni),[13] o oeste de Paraguai, e o chaco húmido ou oriental na Arxentina, onde se fotografou na provincia de Formosa. Leopardus braccatus munoai habita no sur do Brasil (Rio Grande do Sul), todo o Uruguai e a mesopotamia arxentina.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]O gato do Pantanal é un animal solitario e de hábitos diúrnos. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves terrícolas, lagartos e serpentes. O seu territorio de caza oscila, segundo as zonas, entre os 3 e os 37 km2.[15]
No Brasil coñécense híbridos entre o gato do Pantanal e Leopardus tigrinus.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leopardus braccatus Cope 1889 Arquivado 04 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Leopardus braccatus Cope, 1889 en MSW.
- ↑ Popular Science Monthly. Volume 51.
- ↑ Johnson W. E.; E. Eizirik; J. Pecon-Slattery; W. J. Murphy; A. Antunes; E. Teeling & S. J. O'Brien (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Barstow, Anita L. & David M. Leslie Jr. (2012): "Leopardus braccatus (Carnivora: Felidae)". Mammalian Species 44 (891): 16–25.
- ↑ Leopardus braccatus (Cope, 1889) no ITIS.
- ↑ Leopardus braccatus braccatus Cope, 1889 e n WSW.
- ↑ Leopardus braccatus munoai Ximénez, 1961 en MSW.
- ↑ Garcia-Perea, R. (1994): "The pampas cat group (Genus Lynchailurus Severertzov 1858) (Carnivora: Felidae), a systematic and biogeographic review". American Museum Novitates 3096: 1–35.
- ↑ Sunquist, M. E. & Sunquist, F. C. (2002): "Pampas cat Oncifelis colocolo (Molina, 1782)". Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. pp. 200–204. ISBN 978-0-2267-7999-7.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Barstow, A.L.; Leslie, D.M. (2012). "Leopardus braccatus (Carnivora: Felidae)" (PDF). Mammalian Species 44 (1): 16–25. doi:10.1644/891.1.
- ↑ 13,0 13,1 Díaz Luque, José A.; Valerie Beraud; Pablo J. Torres; Federico P. Kacoliris; Gonzalo Daniele; Robert B. Wallace & Igor Berkunsky (2012): "First record of pantanal cat, Leopardus colocolo braccatus, in Bolivia. Mastozoología neotropical 19 (2): 299-301.
- ↑ Díaz Luque, J. A., Beraud, V., Torres, P. J., Kacoliris, F. P., Daniele, G., Wallace, R. B., and Berkunsky, I. (2012). First record of pantanal cat, Leopardus colocolo braccatus, in Bolivia. Mastozoología neotropical 19(2): 299–301.
- ↑ Barstow, A. L. & Leslie, D. M. (2012): "Leopardus braccatus (Carnivora: Felidae)". Mammalian Species 44 (1): 16–25.
- ↑ Johnson, W. E. et al. (1999): "Disparate phylogeographic patterns of molecular genetic variation in four closely related South American small cat species". Molecular Ecology. 8 (S1): S79–S94. Resume.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopardus braccatus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Leopardus braccatus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins: toutes les espèces du monde. París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-6030-1019-0.
- Marion, Rémy (dir.), Cécile Callou, Julie Delfour, Andy Jennings, Catherine Marion & Géraldine Véron (2005): Larousse des félins. París: Larousse ISBN 2-0356-0453-2.
- Nowak, R. M. (1991): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. 2 vols. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pampas cat. Leopardus colocola en Cats Specialist Group. (Nota: a UICN non recoñece esta especie).
- Leopardus braccatus. Pantanal cat na ADW.
- Pantanal Cat. Leopardus braccatus (Cope 1889) na EOL.