Saltar ao contido

Leopardus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leopardus
Leopardus
John Edward Gray 1842 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaFelidae
SubfamiliaFelinae
XéneroLeopardus Editar o valor en Wikidata
Gray, 1842 Leopardus Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 2.500.000 anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/07xhxs Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779347578 Editar o valor en Wikidata
ITIS552371 Editar o valor en Wikidata
OTT774314 Editar o valor en Wikidata
CoL5CC6 Editar o valor en Wikidata
EOL14320 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Lámina de 1896 de Leopardus colocolo, por Richard Lydekker.
Leopardus geoffroyi no zoo de Ostrava.
Leopardus jacobitus, no seu hábitat, nos Andes.
Leopardus tigrinus naturalizado no Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, de Xénova.
Leopardus wiedii na selva de Costa Rica.

Leopardus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, que inclúe, segundo a maioría dos autores, nove especies de pequenos gatos americanos, con numerosas subespecies.[1][2]

As especies do antigo xénero Oncifelis Severtzov, 1858, inclúense hoxe en Leopardus.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero presentan manchas o raias escuras sobre un fondo amarelado. Teñen un tamaño ao redor de dúas veces o dn gato doméstico. O perfil do seu corpo e as súas faccións son lixeiramente máis alongados que os doutros felinos.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Todos os membros deste xénero habitan en zonas boscosas ou semiboscosas de América do Sur e Central, aínda que no caso do ocelote, a súa Área de distribución prolóngase cara ao norte seguindo as zonas costeiras de México até alcanzar o sur dos Estados Unidos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Mag. Nat. Hist. [ser. 1], 10: 260.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Leopardus, foi escollido por Gray polo seu parecido superficial co leopardo no referente á cor e o apencado da pelaxe.

Porén, convén recordar que o leopardo pertence a un xénero (Panthera) e a unha subfamilia (panterinos) diferente á que engloba a estes animais (a dos felinos).

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero Leopardus coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Colocolo Pocock, 1941
  • Dendrailurus Severtzov, 1858
  • Lynchailurus Severtzov, 1858
  • Margay Gray, 1867
  • Montifelis Schwangart, 1941
  • Mungofelis Antonius, 1933
  • Noctifelis Severtzov, 1858
  • Oncifelis Severtzov, 1858 (epónimo)
  • Oncilla Allen, 1919
  • Oncoides Severtzov, 1858
  • Oreailurus Cabrera, 1940
  • Pajeros Gray, 1867
  • Pardalina Gray, 1867
  • Pardalis Gray, 1867
  • Pseudolynx Schwangart, 1941

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O xénero Leopardus inclúe de oito a once especies, segundo os autores,[3] algunhas con numerosas subespecies.

Segundo Mammal Species of the World e o ITIS, son nove as especies, coas subespecies que se indican a continuación:[1][2]

  • Leopardus braccatus (Cope, 1889)
    • Leopardus braccatus braccatus
    • Leopardus braccatus munoai
  • Leopardus colocolo (Molina, 1782)
    • Leopardus colocolo colocolo
    • Leopardus colocolo wolffsohni
  • Leopardus geoffroyi (d'Orbigny & Gervais, 1844)
    • Leopardus geoffroyi geoffroyi
    • Leopardus geoffroyi euxanthus
    • Leopardus geoffroyi leucobaptus
    • Leopardus geoffroyi paraguae
    • Leopardus geoffroyi salinarum
  • Leopardus guigna (Molina, 1782)
    • Leopardus guigna guigna
    • Leopardus guigna tigrillo
  • Leopardus jacobitus (Cornalia, 1865)
  • Leopardus pajeros (Desmarest, 1816)
    • Leopardus pajeros pajeros
    • Leopardus pajeros budini
    • Leopardus pajeros garleppi
    • Leopardus pajeros steinbachi
    • Leopardus pajeros thomasi
  • Leopardus pardalis (Linnaeus, 1758)
    • Leopardus pardalis pardalis
    • Leopardus pardalis aequatorialis
    • Leopardus pardalis albescens
    • Leopardus pardalis melanurus
    • Leopardus pardalis mitis
    • Leopardus pardalis nelsoni
    • Leopardus pardalis pseudopardalis
    • Leopardus pardalis pusaeus
    • Leopardus pardalis sonoriensis
    • Leopardus pardalis steinbachi
  • Leopardus tigrinus Schreber, 1775
    • Leopardus tigrinus tigrinus
    • Leopardus tigrinus guttulus
    • Leopardus tigrinus oncilla
    • Leopardus tigrinus pardinoides
  • Leopardus wiedii (Schreber, 1775)
  • Leopardus wiedii wiedii
  • Leopardus wiedii amazonicus
  • Leopardus wiedii boliviae
  • Leopardus wiedii cooperi
  • Leopardus wiedii glauculus
  • Leopardus wiedii nicaraguae
  • Leopardus wiedii oaxacensis
  • Leopardus wiedii pirrensis
  • Leopardus wiedii salvinius
  • Leopardus wiedii vigens
  • Leopardus wiedii yucatanicus
  1. 1 2 3 4 5 Leopardus en MSW.
  2. 1 2 Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
  3. Trigo, Tatiane C.; Schneider, Alexsandra; de Oliveira, Tadeu G.; Lehugeur, Livia M.; Silveira, Leandro; Freitas, Thales R. O.; Eizirik, Eduardo (decembro de 2013). "Molecular Data Reveal Complex Hybridization and a Cryptic Species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23 (24): 2528–2533. doi:10.1016/j.cub.2013.10.046.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]