Saltar ao contido

Leopardus tigrinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leopardus tigrinus

Leopardus tigrinus
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Leopardus
Especie: L. tigrinus
Nome binomial
Leopardus tigrinus
Schreber, 1775
Área de distribución de Leopardus tigrinus
Área de distribución de Leopardus tigrinus

Área de distribución de Leopardus tigrinus
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Leopardus tigrinus no Parc des Félins de Lumigny-Nesles-Ormeaux, Illa de Francia.

Leopardus tigrinusus é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das nove (ou dez, segundo os autores),[2] integradas no xénero Leopardus.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1775 polo naturalista alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere, 2 (15): pl. 106[1775]; véxase tamén o texto, en 3 (23):396[1777].[3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Felis pardinoides.[4]
  • Felis tigrina.[5]
  • Felis tigrinus.[6]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Segundo MSW, recoñécense as seguintes catro subespecies:[3]

  • Leopardus tigrinus tigrinus Schreber, 1775
  • Leoparus tiginus guttulus Hensel, 1872
  • Leopardus tigrinus oncilla Thomas, 1903
  • Leopardus tigrinus pardinoides Gray, 1867

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

A subespecie Leopardus tigrins guttulus hoxe está considerada como unha especie diferente, Leopardus guttulus (Hensel, 1872),[7] En 2013 propúxose asignar a poboación do sur do Brasil na nova especie L. guttulus, xa que se comprobou que non se cruzaba coa poboación de L. tigrinus no nordés deste país.[8]

Características

[editar | editar a fonte]

Leopardus tigrinus aseméllase a Leopardus wiedii e a L. pardalis,[9] pero é máis pequeno, e cun corpo mais esvelto e co fociño máis estreito.

Alcanza unha lonxitude de cabeza e tronco de 39 a 759 cm, cunha cola de 20 a 42 cm de longo. [10] A altura na cruz oscila entre os 22 e os 30 cm.[11] Aínda que é algo máis longo que un gato doméstico medio, Leopardus tigrinus é xeralmente máis lixeiro, e a súa masa corporal varía entre 1,5 e 3 kg.[12]

A súa pelaxe é grosa e suave, de coloración que vai da parda clara á ocre escura, con numerosas rosetas mouras no dorso e nos flancos. As partes inferiores son pálidas con manchas escuras, e a cola está anelada. A parte posterior das orellas é negra con ocelos. As rosetas son negras ou pardas, abertas no centro e de forma irregular. As patas teñen puntos negros de tamaño mediano, que se estreitan a puntos máis pequenos na parte inferior.[13]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Leopardus togrinus encóntrase nunha ampla gama de hábitats, desde terras baixas semiáridas até bosques de montaña, en Costa Rica, Panamá e na metade norte de América do Sur,[1] normalmente en cotas altas, pero pode tamén adaptarse en zonas máis baixas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Das tres subespecies actualmente válidas, unha delas está en perigo de extinción, Leopardus tigrinus oncilla, endémica de Centroamérica, estimándose que só quedan agúns exemplares en Costa Rica.[3]

Leopardus tigrinus pardinoides encóntrase no oeste de Venezuela, en Colombia, Ecuador e o Perú.

Leopardus tigrinus tigrinus habita no leste de Venezuela, na Güiana e no nordeste do Brasil.

Pola súa parte, Leopardus guttulus, antes considerado como subespecie de L. tigrinus, áchase no centro e sur do Brasil, no Uruguai, Paraguai e no norte da Arxentina.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Caza roedores e paxaros.[14] O período de xestación é de 74 a 76 días. Normalmente as femias só paren un cachorro, pero a camada pode chegar até tres. A lonxevidade estímase nuns 17 anos; en catividade está documentada até o 20 anos.[15]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o status da especie cono VU (vulnerable)) porque a súa poboación está ameazada pola deforestación e a conversión do seu hábitat en terras agrícolas.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Payan, E. & de Oliveira, T. (2016): Leopardus tigrinus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 5 de xuño de 2020.
  2. Leopardus Gray, 1842 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Leopardus tigrinus Schreber, 1775 en MSW.
  4. Segundo Paleobiology Database.
  5. Segundo Paleobiology Database e o CITES.
  6. Segundo o NCBI.
  7. Leopardus tigrinus guttulus (Hensel, 1872), no ITIS.
  8. Trigo, T. C.; Schneider, A.; de Oliveira, T. G.; Lehugeur, L. M.; Silveira, L.; Freitas, T. R. O. & Eizirik, E. (2013). "Molecular data reveal complex hybridization and a cryptic species of Neotropical Wild Cat". Current Biology 23 (24): 2528–2533. PMID 24291091. doi:10.1016/j.cub.2013.10.046. 
  9. Leyhausen, P. (1963). "Über südamerikanische Pardelkatzen". Zeitschrift für Tierpsychologie 20 (5): 627–640. doi:10.1111/j.1439-0310.1963.tb01179.x. 
  10. Sunquist, M.; Sunquist, F. (2002). Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. pp. 130–134. ISBN 0-2267-7999-8. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  11. Leopardus tigrinus en: Botero Cañola Sebastián; Juan David Sánchez e Andrés Arias. Grupo de Mastología de la Universidad de Antioquia.
  12. University of Michigan Museum of Zoology.
  13. Leyhausen, Paul (26 de abril de 2010). "Über südamerikanische Pardelkatzen1,2,". Zeitschrift für Tierpsychologie 20 (5): 627–640. doi:10.1111/j.1439-0310.1963.tb01179.x. 
  14. Wang, E. (2002): "Diets of ocelots (Leopardus pardalis), margays (L. wiedii), and oncillas (L. tigrinus) in the Atlantic Rainforest in southeast Brazil". Studies on Neotropical Fauna and Environment 37 (3): 207-212.
  15. Leopardus tigrinus. Little spotted cat na ADW.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]