Melanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un xaguar negro é un exemplo clásico de melanismo.

O melanismo[1] é un exceso de pigmentación escura nun animal, poboación ou grupo, o cal se traduce nun ennegrecemento da pel. Un exemplo típico é a 'pantera negra': un leopardo ou un xaguar con pelame completamente negra.

É frecuente que por mor dun incremento da actividade industrial, e con ela dos fondos escuros, aumenten as formas escuras ou melánicas e diminúan as formas claras, debido á mellor camuflaxe que ofrecen as primeiras. Este fenómeno chámase melanismo industrial. En bettas o melanismo é común, tendo unha cor negra anormal.

Xenética do melanismo[editar | editar a fonte]

Mutacións en diversos xenes, como MC1R ou Agouti, poden provocar o melanismo.

Crese que os xenes responsables do melanismo contribúen a causar unha maior resistencia contra virus, debido a que se observou un incremento significativo de melanismo en poboacións de leopardos onde se rexistraron pandemias.[2]

Cómpre sinalar que o melanismo pode ser de gran utilidade, debido a que a melanina serve para obter enerxía captando fotóns de radiacións electromagnéticas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melanismo.
  2. Super Cat Documentary, National Geographic Channel
  3. Publicación de Arturo Solis Herrera

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]