Leonardo Coimbra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leonardo Coimbra
Leonardo José Coimbra (Arquivo Histórico Parlamentar).png
Nacemento30 de decembro de 1883
Lugar de nacementoBorba de Godim
Falecemento2 de xaneiro de 1936
Lugar de falecementoPorto
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónfilósofo, político e profesor universitario
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII
editar datos en Wikidata ]

Leonardo José Coimbra, nado en Borba de Godim, Lixa, o 30 de decembro de 1883 e finado en Porto o 2 de xaneiro de 1936, foi un filósofo, profesor e político portugués. Como ministro de Instrução Pública dun dos gobernos da Primeira República Portuguesa, creou as Universidades Populares e a Facultade de Letras do Porto. Como pensador fundou o movemento Renascença Portuguesa e evolucionou do creacionismo cara a un intelectualismo esencialista e idealista, recoñecendo a necesidade de reintegrar o saber das "mais altas disciplinas espirituais", como a metafísica e a relixión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos Leonardo Coimbra deixou o Colexio de Nossa Senhora do Carmo, en Penafiel, para matricularse na Escola Naval de Coimbra en 1898. En 1905 iniciou na Academia Politécnica do Porto a carreira superior de Letras, que concluíu en Lisboa catro anos despois.

En 1907 fundou e dirixiu, con Jaime Cortesão, Cláudio Basto e Álvaro Pinto, a "Nova Silva", de orientación anarquista, e no ano seguinte fundou a Sociedade dos Amigos do ABC, de inspiración huguesca, para combater o analfabetismo. Constituíu despois, con Jaime Cortesão, Rodrigo Solano, Gil Ferreira e Correia de Sousa, o grupo político-literario "Nova Seara" e fundou en 1912 a Renascença Portuguesa, coas súas "Universidades Populares". Este grupo tiña por órgano a revista A Águia. En 1913 presentou a súa tese de doutoramento, "Creacionismo", á oposición para unha praza de profesor asistente de Filosofía. No ano seguinte iniciou a súa carreira de político, afiliándose ó Partido Republicano Português. En 1915 impartiu clases no Liceu Gil Vicente, en Lisboa.

Foi dúas veces ministro de Instrução Pública (1919 e 1923), criou as Escolas Primárias Superiores, reformou a Biblioteca Nacional, fundou a Facultade de Letras da Universidade do Porto, onde foi director e profesor. Defendeu, a pesar de toda a polémica xerada, a liberdade do ensino relixioso nas escolas particulares fiscalizadas polo Estado.

Foi un dos maiores impulsores do Espiritismo en Portugal, formando parte da mesa do I Congresso Espírita Português, realizado en Lisboa en maio de 1925.

Enemistouse coa facción tradicional do seu partido, o Partido Republicano Português, que acabou por abandonar para ingresar na facción disidente, a Esquerda Democrática.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Camões e a Fisionomia Espiritual da Pátria

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leonardo Coimbra, Obras de Leonardo Coimbra, ed. Lello e Irmão, 2 volumes, Porto, 1983.
  • RIBEIRO, A., Leonardo Coimbra. Apontamentos de Biografia e Bibliografia, Lisboa, 1945.
  • RIBEIRO, A., Memórias de um Letrado, Lisboa, 1977.
  • ALVES, A., O Sistema Filosófico de Leonardo Coimbra. Idealismo Criacionista, Porto, 1962.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., Análise de «O Criacionismo» de Leonardo Coimbra, Lisboa, 1989.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., Sobre o criacionismo - a propósito de Leonardo Coimbra, 1997.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., O pensamento dialéctico de Leonardo Coimbra - reflexão sobre o seu valor antropológico, 1997.
  • MARINHO, J., O Pensamento Filosófico de Leonardo Coimbra, Porto, 1945.
  • CÂNDIDO PIMENTEL, M., Filosofia Criacionista da Morte: meditação sobre o problema da morte no pensamento filosófico de Leonardo Coimbra, Ponta Delgada, 1994.
  • FERREIRA PATRÍCIO, M., A Pedagogia de Leonardo Coimbra, Porto, 1992.
  • Robert Junqueira, "Leonardo Coimbra e Vladimir Solovyov: relações inesperadas entre as filosofias em Portugal e na Rússia", Texto Aberto IEF 5 (2019), pp. 1–31.
  • Robert Junqueira, "Leitura Criacionista da «Síntese Filosófica» de Leonardo Coimbra", Periódico Héstia 3 (1) (2019), 36-51.
  • SPINELLI, M., A Filosofia de Leonardo Coimbra, Braga, 1981.
  • FREITAS, M., O Pensamento criacionista de Leonardo Coimbra, Braga, 1957.
  • SANT'ANNA, D., Valor da Ciência para Leonardo Coimbra, Porto, 1956.
  • SANT'ANNA, D., Leonardo Coimbra. Contribuição para o conhecimento da sua personalidade e seus problemas, Porto, 1983.
  • SANT'ANNA, D., Leonardo Coimbra, O Filósofo e o Tribuno, Lisboa, 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]