Saltar ao contido

Legionella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Legionella

Colonias de Legionella sp. con iluminación ultravioleta
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Legionellales
Familia: Legionellaceae
Xénero: Legionella
Brenner et al. 1979
Especies

Legionella adelaidensis
Legionella anisa
Legionella beliardensis
Legionella birminghamensis
Legionella bozemanii
Legionella brunensis
Legionella busanensis
Legionella cherrii
Legionella cincinnatiensis
Legionella donaldsonii
Legionella drancourtii
Legionella drozanskii
Legionella erythra
Legionella fairfieldensis
Legionella fallonii
Legionella feeleii
Legionella geestiana
Legionella genomospecies 1
Legionella gratiana
Legionella gresilensis
Legionella hackeliae
Legionella impletisoli
Legionella israelensis
Legionella jamestowniensis
'Candidatus Legionella jeonii'
Legionella jordanis
Legionella lansingensis
Legionella londiniensis
Legionella longbeachae
Legionella lytica
Legionella maceachernii
Legionella micdadei
Legionella moravica
Legionella nautarum
Legionella oakridgensis
Legionella parisiensis
Legionella pneumophila
Legionella quateirensis
Legionella quinlivanii
Legionella rowbothamii
Legionella rubrilucens
Legionella sainthelensi
Legionella santicrucis
Legionella shakespearei
Legionella spiritensis
Legionella steigerwaltii
Legionella taurinensis
Legionella tucsonensis
Legionella wadsworthii
Legionella waltersii
Legionella worsleiensis
Legionella yabuuchiae

Legionella pneumophila aumentada 8000 veces coa súa forma de bacilo.

Legionella é o nome dun xénero de bacterias patóxenas gramnegativas de forma bacilar, nas que se inclúen as especies que causan a lexionelose (ou enfermidade do lexionario), que é fundamentalmente a L. pneumophila.[1][2] Poden visualizarse doadamente con tinguidura de prata.

As lexionelas son comúns en moitos ambientes, e están moi diversificadas, xa que se identificaron polo menos 50 especies e 70 serogrupos. As cadeas laterais da parede celular son as responsables da especificiidade de antíxeno somático destes organismos. A composición química destas cadeas laterais con respecto aos seus compoñentes e a disposición dos diferentes azucres é a que determina a natureza dos determinantes antixénicos O ou somáticos, que son esenciais para a clasificación serolóxica de moitas bacterias gramnegativas.

O xénero Legionella recibiu o seu nome por un estalido epidémico ocorrido en 1976 en Filadelfia dunha daquela "misteriosa doenza" que fixo enfermar a 221 persoas, das cales morreron 34. Os primeiros casos detectáronse entre os asistentes á convención da Lexión Americana, unha asociación de veteranos das forzas armadas dos EEUU. A noticia foi moi poublicitada e causou grande impacto e preocupación nos Estados Unidos.[3] O axente causante foi identificado en 1977 e tratábase dunha bacteria ata entón descoñecida, posteriormente chamada Legionella.

Detección

[editar | editar a fonte]

As Legionella detéctanse tradicionalmente por cultivo en ágar de extracto de lévedo de carbón vexetal tamponado (BCYE). As Legionella requiren cisteína e ferro para crecer, polo que non poden crecer no medio común de ágar sangue utilizado no laboratorio baseado en recontos viables totais ou as probas dipslide (para a presenza de microorganismos en líquidos). Os procedenmentos correntes de laboratorio para a detección de Legionella na auga[4] concentran a bacteria (por centrifugación e/ou filtración a través de filtros de 0,2 microns) antes da inoculación en medio de ágar BCYE que contén antibióticos, como por exemplo, GVPC (glicina vancomicim polimixín ciclohexamida), para suprimir da mostra a outras floras. A calor ou o tratamento ácido tamén se usan para reducir a interferencia doutros microbios da mostra.

Despois dunha incubación durante 10 días, confírmase que as colonias sospeitosas son Legionella se crecen en BCYE que contén cisteína, pero non en ágar sen cisteína. Despois utilízanse xeralmente técnicas inmunolóxicas para establecer as especies ou serogrupos das bacterias presentes na mostra.

Moitos hospitais usan a proba do Antíxeno Urinario de Legionella para unha detección inicial cando se sospeita que se trata dunha pneumonía por Legionella. Algunxas das vantaxes ofrecidas por esta proba son que o resultado pode obterse en cuestións de horas en vez dos cinco días requiridos para o cultivo, e que unha mostra de urina é xeralmente máis doada de obter ca un esputo. Ten a desvantaxe de que a proba do antíxeno urinario só detecta anticorpos contra a Legionella pneumophila, e só mediante un cultivo se poderán detectar outras especies de Legionella.[5]

Están aparecendo novas técnicas para a detección rápida de Legionella en mostras de auga como o uso da reacción en cadea da polimerase (PCR) e inmunoensaios rápidos. Estas tecnoloxías poden proporcionar resultados moito máis rápidos.

Patoxénese

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Lexionelose e Legionella pneumophila.

Legionella vive dentro de amebas no seu ambiente natural.[6] pero por medio de inhalación pode infectar aos macrófagos alveolares, modificando a maquinaria normal da célula hóspede para crear un nicho no que a bacteria se poida replicar. Isto dá lugar á enfermidade do lexionario e a unha forma menor chamada febre de Pontiac. A transmisión da Legionella faise por aerosois, é dicir a inhalación de gotas nebulizadas que conteñen as bacterias. Fontes comúns de infección son as torres de refrixeración, piscinas (especialmente nos países escandinavos), sistemas domésticos de auga quente, fontes, e outros diseminadores similares que aproveitan o sistema público de subministración de auga. As fontes naturais de Legionella son as pozas de auga doce e regatos. Non se demostrou a transmisión de persoa a persoa da Legionella.[7]

Unha vez dentro do hóspede, a incubación pode durar dúas semanas. Os síntomas iniciais son similares ao catarro, con febre, calafríos, e tose seca. Nos estados avanzados da doenza aparecen problemas no tracto gastrointestinal e no sistema nervioso, que provocan diarrea e náuseas. Tamén poden presentarse outros síntomas avanzados da pneumonía.

Porén, a doenza non é xeralmente unha ameaza para a maioría dos individuos sans, e tende a causar síntomas daniños só naqueles que teñen o sistema inmunitario deprimido e nos vellos. En consecuencia, é importante unha activa comprobación dos sistemas de augas de hospitais e asilos.[8] Segundo a revista "Infection Control and Hospital Epidemiology," as pneumonías por Legionella adquiridas en hospitais teñen unha taxa de mortalidade do 28%, e a fonte de infección é o sistema de distribución de auga.[9]

Arma bacteriolóxica

[editar | editar a fonte]

Suxeriuse que a Legionella podería utilizarse como arma bacteriolóxica e as cepas modificadas xeneticamente de Legionella pneumophila mostraron un incremento da taxa de mortalidade en animais infectados de case o 100%.[10][11][12]

Bioloxía molecular

[editar | editar a fonte]

Coa aplicación de técnicas da moderna xenética molecular e bioloxía celular, empezaron a comprenderse os mecanismos que usa a lexionela para multiplicarse dentro dos macrófagos. As cascadas regulatorias específicas que dirixen a diferenciación celular e a regulación xénica están tamén estudándose. Xa se publicaron as secuencias do xenoma de seis cepas de L. pneumophila e agora é posible investigar o xenoma completo utilizando os modernos métodos moleculares. Descubriuse que a lexionela é unha especie diversa xeneticamente e un 7-11% dos xenes son específicos da cepa. Tamén se descubriu a función molecular dalgúns dos factores de virulencia probados da lexionela.[13] Os estudos moleculares están contribuíndo aos campos da investigación clínica, diagnose, tratamento, epidemioloxía, e prevención da doenza.[2]

  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. 2,0 2,1 Heuner K, Swanson M (editors). (2008). Legionella: Molecular Microbiology. Caister Academic Press. isbn = 978-1-904455-26-4. 
  3. Lawrence K. Altman (August 1, 2006). "In Philadelphia 30 Years Ago, an Eruption of Illness and Fear". New York Times. 
  4. ISO 11731-2:2004 Water quality -- Detection and enumeration of Legionella -- Part 2: Direct membrane filtration method for waters with low bacterial counts
  5. Trends in legionnaires disease, 1980-1998: declining mortality and new patterns of diagnosis. Benin AL; Benson RF; Besser RE. Clin Infect Dis November 1, 2002;35(9):1039-46. Epub October 14, 2002.
  6. Swanson M, Hammer B (2000). "Legionella pneumophila pathogesesis: a fateful journey from amoebae to macrophages". Annu Rev Microbiol 54: 567–613. PMID 11018138. doi:10.1146/annurev.micro.54.1.567. 
  7. Winn, W.C. Jr. (1996). Legionella (In: Baron's Medical Microbiology, Baron, S. et al., eds. (4th ed.). University of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1.  (via NCBI Bookshelf)
  8. Report of the Texas Legionnaires' Disease Task Force, Texas Department of State Health Services [1]
  9. Infection Control and Hospital Epidemiology, July 2007, Vol. 28, No. 7, "Role of Environmental Surveillance in Determining the Risk of Hospital-Acquired Legionellosis: A National Surveillance Study With Clinical Correlations" [2] Arquivado 24 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
  10. http://www.aina.org/news/20081201063837.htm
  11. Gilsdorf et al., Clinical Infectious Diseases 2005; 40 p1160–1165 "New Considerations in Infectious Disease Outbreaks: The Threat of Genetically Modified Microbes" http://cid.oxfordjournals.org/content/40/8/1160.full
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 
  13. Raychaudhury S, Farelli JD, Montminy TP, Matthews M, Ménétret JF, Duménil G, Roy CR, Head JF, Isberg RR, Akey CW (2009). "Structure and function of interacting IcmR-IcmQ domains from a Type IVb secretion system in Legionella pneumophila". Structure 17 (4): 590–601. PMC 2693034. PMID 19368892. doi:10.1016/j.str.2009.02.011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]