Lee Nak-yeon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lee Nak-yeon
South Korean Prime Minister Lee - 2017 (36235112603) (cropped).jpg
Nacemento20 de decembro de 1952
 Yeonggwang County
NacionalidadeCorea do Sur
RelixiónProtestantismo
Alma máterUniversidade Nacional de Seul
Ocupaciónpolítico
Signature of Lee Nak-yeon.png
editar datos en Wikidata ]

Lee Nak-yon (en coreano 이낙연), nado o 20 de decembro de 1951, é un político surcoreano, que é o 41º e actual primeiro ministro de Corea do Sur.[1][2][3][4]

Anteriormente ocupou o cargo de gobernador da provincia de Jeollanam-do.[5] Antes de ser gobernador, traballou como xornalista para o Dong-un Ilbo e foi membro da Asemblea Nacional durante catro lexislaturas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lee naceu o 20 de decembro de 1951 no condado de Yeonggwang na provincia de Jeolla Sur. Despois de licenciarse en dereito na Universidade Nacional de Seúl, traballou como xornalista no xornal Dong-a Ilbo ata o ano 2000.[6]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Entrou na política no 2000 "en base aos seus lazos co ex presidente Kim Dae-jung".[7] Despois da súa saída do Dong-a Ilbo, foi elixido deputado da Asemblea Nacional en 2000 e cumpriu catro lexislaturas.[4] Tamén actuou como portavoz do ex presidente Roh Moo-hyun cando foi o presidente electo en 2002.[8]

Deixou o cargo de deputado no medio do seu cuarto mandato en 2014 para rexistrarse con éxito para gobernador da provincia de Jeolla Sur.

Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

O 10 de maio de 2017, foi nomeado polo presidente Moon Jae-in para ser o próximo primeiro ministro de Corea do Sur, sucedendo a Hwang Kyo-ahn. O mesmo día deixou o cargo de gobernador da provincia de Jeolla Sur. É visto como póximo aos políticos xaponeses clave, servindo moitos anos como oficial superior na Unión de parlamentarios Corea-Xapón. Lee e fala fluidamente en xaponés.[9] O 25 de xuño, o primeiro ministro Lee instou a Corea do Norte a liberar aos seus prisioneiros. O 16 de agosto, Lee reaccionou negativamente ás acusacións de que Corea do Sur posuía armas nucleares, dicindo que o movemento socavaría as chamadas de Seúl a Corea do Norte para se desnuclearizar, e que desencadearía unha carreira de armas nucleares que poñería o país baixo sancións internacionais. Reflexionando sobre este tipo de chamadas, a principal oposición do Partido da Liberdade de Corea adoptou unha demanda para a redistribución de armas nucleares tácticas dos Estados Unidos como liña oficial do partido durante unha reunión xeral dos seus lexisladores.[10] O 13 de decembro, Lee visitou Pyeongchang, onde se ían celebrar os Xogos Olímpicos de Inverno en febreiro.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "국무총리 이낙연 프로필" (en coreano). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  2. "전남도지사 이낙연은 국인에당인가??" (en coreano). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  3. "문재인 대통령 당선 후 문재인 정부 이낙연 전남지사 총리 내정 성향은?". Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Korea's new president announces key Cabinet picks" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  5. "文대통령, 국무총리 이낙연·국정원장 서훈·비서실장 임종석·경호실장 주영훈 지명" (en coreano). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  6. "Moon Taps South Jeolla Province Governor as New PM" (en inglés). 11 de maio de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  7. "Moon's premier pick is based in liberal stronghold, has broad political ties" (en inglés). 10 de maio de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  8. "S. Jeolla governor tapped as PM nominee", Korea Times, May 10, 2017 .
  9. "South Korean prime minister pick seen as point man on Japan", Nikkei Asian Review, May 11, 2017 .
  10. "PM negative about calls for Korea‘s nuclear armament" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  11. "South Korean Prime Minister Lee Nak-yeon visits Pyeongchang 2018 venues" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2019.