Sempre ao teu lado, Hachiko
| Sempre ao teu lado, Hachiko | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Sempre ao teu lado, Hachiko (en inglés: Hachi: A Dog's Tale) é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lasse Hallström, escrito por Stephen P. Lindsey e Kaneto Shindo, e producido por Richard Gere, Bill Johnson e Vicki Shigekuni Wong. É unha adaptación do filme xaponés de 1987 Hachikō Monogatari. O filme orixinal conta a historia real dun can de raza Akita chamado Hachikō que viviu no Xapón na década de 1920. Na versión de 2009, a historia ocorre nos Estados Unidos, e está protagonizada por Gere, Joan Allen, Sarah Roemer, Jason Alexander e Cary-Hiroyuki Tagawa.
Sempre ao teu lado, Hachiko estreouse no Festival Internacional de Cinema de Seattle o 13 de xuño de 2009, e nos cinemas do Xapón o 8 de agosto de 2009. A finais de setembro de 2010, a recadación do filme superou os 45 millóns de dólares.[1]
Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[2] Foi traducido ao galego por Magdalena Sánchez.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Layla, Chico e Forrest como Hachi
- Richard Gere como Profesor Parker Wilson
- Joan Allen como Cate Wilson
- Erick Avari como Jasjeet
- Jason Alexander como Carl Boilins
- Sarah Roemer como Andy Wilson
- Cary-Hiroyuki Tagawa como Ken Fujiyoshi
- Robbie Collier Sublett como Michael
- Davenia McFadden como Mary-Ann
- Kevin DeCoste como Ronnie
- Tora Hallström como Heather
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Itzkoff, Dave (2010-09-24). "Film Has Two Big Names and a Dog, but No Big Screens". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-05-26.
- ↑ TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko na TVG". Consultado o 1 de xullo de 2021.
- ↑ TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko por Magdalena Sánchez". Consultado o 1 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sempre ao teu lado, Hachiko na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Lasse Hallström
- Filmes rodados no Xapón
- Filmes rodados en Rhode Island
- Filmes ambientados no Xapón
- Filmes ambientados en 1998
- Filmes ambientados en 2008
- Filmes sobre cans
- Filmes de 2009 con versión en galego