Lárice
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2018) |
Lárices | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lárice de Siberia (Larix sibirica) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto. |
Os lárices son árbores pertencentes ao xénero Larix, coníferas da familia das pináceas tamén chamados alerces. O xénero contén unhas trece especies.
Son árbores caducifolias, coas follas aciculares, macías, verdes, brillantes, en grupos de fascículos de 15 a 40 sobre braquiblastos; as agullas tórnanse amarelas e caen a finais do outono, saíndo das árbores defoliadas co inverno. Os lárices miden entre 15 e 50 m de altura; son as plantas dominantes nos inmensos bosques boreais de Rusia e do Canadá.
En Galicia só aparecen coma ornamentais en xardíns e arboredos coma en Lourizán.
Especies e clasificación
[editar | editar a fonte]Hai 10-14 especies; aquelas marcadas cun asterisco (*) na listaxe inferior non son aceptadas coma especies distintas por todas as autoridades. No pasado, a lonxitude da bráctea do cono a miúdo usouse para dividir os lárices en dúas seccións (secc. Larix con brácteas curtas e secc. Multiserialis con brácteas longas), mais a evidencia xenética[1] non apoia esta división, apuntando no canto disto a unha división xenética entre as especies do Vello Mundo e do Novo Mundo, sendo o cono e mais o tamaño da bráctea meras adaptacións ás condicións climáticas. Estudos xenéticos máis recentes propuxeron tres grupos dentro do xénero, cunha división primaria entre as especies de América do Norte e as Eurasiáticas, e unha división secundaria das eurasiáticas entre as especies de brácteas curtas setentrionais e especies de brácteas longas meridionais;[2] hai certa disputa sobre a posición do Larix sibirica, unha especie de bráctea curta que se atopa no grupo de bráctea curta por algúns dos estudos e no grupo de bráctea longa por outros.
Eurasia
[editar | editar a fonte]Setentrional, bráctea curta
[editar | editar a fonte]- Larix decidua (sin. L. europaea) Lárice europeo. Montañas do centro de Europa.
- Larix sibirica Lárice de Siberia. Chairas do oeste de Siberia.
- Larix gmelinii (sin. L. dahurica) Lárice de Gmelin. Chairas do centro de Siberia.
- Larix gmelinii var. olgensis ás veces é tratado como unha especie distinta, Larix olgensis.[3]
- Larix cajanderi (sin. L. dahurica). Chairas de Siberia oriental.
- Larix kaempferi (sin. L. leptolepis) Lárice do Xapón. Montañas do centro do Xapón.
- Larix principis-rupprechtii. Montañas do norte da China (Shanxi, Hebei).
Meridional, bráctea longa
[editar | editar a fonte]- Larix potaninii. Montañas do suroeste da China (Sichuan, Yunnan setentrional).
- Larix himalaica *. Montañas do centro do Himalaia.
- Larix mastersiana. Montañas do oeste da China.
- Larix speciosa *. Montañas do suroeste da China (suroeste de Yunnan), nordés de Birmania.
- Larix griffithii (sin. L. griffithiana) Lárice do Himalaia. Montañas do leste do Himalaia.
América do Norte
[editar | editar a fonte]- Larix laricina Lárice tamarack. Partes de Alasca e por todo o Canadá e o norte dos Estados Unidos dende o leste das montañas Rochosas até a beiramar atlántica.
- Larix lyallii. Montañas do noroeste dos Estados Unidos e o suroeste do Canadá, a moi grande altitude.
- Larix occidentalis Lárice americano occidental. Montañas do noroeste dos Estados Unidos e suroeste do Canadá, en altitudes inferiores.
A meirande parte das especies, senón todas, poden hibridarse en cultivo. O híbrido máis coñecido é o Abeto híbrido de Dunkeld Larix × marschlinsii (sin. Larix × eurolepis, un nome non lexítimo), que xurdiu máis ou menos simultaneamente en Suíza e Escocia cando o lárice europeo (L. decidua) e o lárice do Xapón (L. kaempferi) hibridaron cando estaban plantados xuntos.
O lárice úsase coma planta de alimentación polas larvas dunha serie de especies de lepidópteros. O lárices inclínanse por padecer a enfermidade antracnose fúnxica Lachnellula willkommii (Antracnose do lárice); esta é particularmente un problema nos lugares que tenden a ter xeadas serodias na primavera, que causan feridas menores ás árbores, permitindo a entrada das esporas do fungo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gernandt & Liston 1999
- ↑ Semerikov & Lascoux 1999; Wei y Wang 2003, 2004; Gros-Louis et al. 2005
- ↑ "Larix olgensis". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lárice |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lárice |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- FAO URSS 1996 Arquivado 14 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.