Lampridiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lampridiformes
Lophotus lacepede (Lophotidae)
Lophotus lacepede (Lophotidae)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Lampridiomorpha (disputado)
Orde: Lampriformes
Regan, 1909
Diversidade
7 familias
Sinonimia

Allotriognathi
Bathysomi
Lampridiformes

Regalecus glesne

Os Lampridiformes (Lampriformes) son unha orde de peixes teleósteos, única orde da superorde Lampridiomorfos (Lampridiomorpha). Son peixes mariños peláxicos.

Características[editar | editar a fonte]

A forma destes peixes é variada pero, en xeral, son aplastados e longos. Carecen de escamas e de verdadeiras espiñas nas aletas. A aleta dorsal é moi longa e tende a ocupar todo o dorso. As mandíbulas son altamente protusibles.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en sete familias:

  • Familia Lamprididae
  • Familia Lophotidae
  • Familia Radiicephalidae
  • Familia Regalecidae
  • Familia Stylephoridae
  • Familia Trachipteridae
  • Familia Veliferidae

Ademais dunha familia extinta: Turkmenidae.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]