Lamont Mack
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 16 de marzo de 1987 Chicago | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Angelina College (en) Universidade da Carolina do Norte em Charlotte (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 104 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e Basketball Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala e Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lamont Mack, nado o 16 de marzo de 1987 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado nas universidades de Angelina e Charlotte, desenvólvese nas posicións de ala e ala-pivote cunha altura de 2,01 metros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Chicago, Illinois, na Universidade de Angelina en Lufkin, Texas foi elixido Junior College All-American e clasificado como o vixésimo primeiro mellor xogador universitario júnior. Posteriormente, entre 2007 e 2009, xogou para os Charlotte 49ers mentres estudaba Dereito penal. Na súa primeira temporada fixo unha media de 15,6 puntos por encontro, mellorando de xeito destacábel durante a segunda parte da temporada. Tras acabar o seu periplo universitario continuou a súa carreira baloncestística en Europa, onde xogou nas principais ligas do continente como a A1 Ethniki (Grecia), a Serie A (Italia), a Basketball Bundesliga (Alemaña), a ACB (España), a Pro A (Francia) ou a Liga do Adriático, así como en competicións continentais como o EuroChallenge.
Clubs
[editar | editar a fonte]
AEK Atenas (A1 Ethniki, 2009–2011)
Lukoil Academic (NBL / EuroChallenge, 2011–2012)
Scavolini Pesaro (Serie A, 2012–2013)
s.Oliver Baskets (BBL, 2013)
Korihait Uusikaupunki (Korisliiga, 2014)
Blancos de Rueda Valladolid (ACB, 2014)
La Unión de Formosa (LNB, 2014)
Gigantes Edomex Toluca (LNBP, 2015)
CS Energia (Liga Națională / EuroChallenge / FIBA Europe Cup, 2015−2016)
STB Le Havre (LNB Pro A, 2016)
Karpoš Sokoli (ABA Liga, 2016)
Hoops Club (FLB, 2016)
Club Malvín (LUB, 2017)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga de baloncesto Bulgaria (NBL) (2): 2011, 2012
- Copa de baloncesto Bulgaria (1): 2012
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en Eurobasket (en inglés)
- Perfil en ESPN.com (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)
