El Pope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pope
Fundación13 de agosto de 1973
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

El Pope foi un semanario editado en Vigo de 1973 a 1988.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario gallego de información general, apareceu o 10 de agosto de 1973. Dirixido por José Francisco Armesto, o editor foi Víctor Martínez de las Heras. Entre os seus colaboradores figuraron Pedro Rodríguez, Forges, Quessada, Fernando Franco, Fernando García Pereira e Xesús Alonso Montero (que publicou os primeiros capítulos de Pedro Petouto).[1] Despois foi dirixido por Bernardo Vázquez Gil,[2] Gerardo González Martín (dende 1976),[3] e Victor de las Heras. En setembro de 1973 foi secuestrado,[4] e volveu ser secuestrado en xullo de 1982.[5] Organizaba as "Meriendas de El Pope" no hotel Méjico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pedro Petouto en Vigo". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2021. Consultado o 09 de maio de 2021. 
  2. Fallece el Cronista Oficial de Vigo
  3. Gerardo González Martín
  4. La Voz de Galicia, 30-10-1973, p. 6.
  5. La Voz de Galicia, 13-7-1982, p. 47.