Lakshmi Mittal
Lakshmi Mittal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de xuño de 1950 |
Lugar de nacemento | Rajgarh |
Nacionalidade | India |
Relixión | Hinduísmo |
Alma máter | St. Xavier's College, Universidade de Calcuta e Indian Institute of Social Welfare and Business Management |
Ocupación | empresario, emprendedor e participante do fórum internacional |
Pai | Mohan Lal Mittal |
Nai | Geeta Mittal |
Cónxuxe | Usha Mittal |
Fillos | Aditya Mittal e Vanisha Mittal |
Irmáns | Pramod Mittal e Seema Mittal |
Premios | Padma Vibhushan in trade & industry, Bessemer Gold Medal, Dostyk Order of grade I, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Financial Times Person of the Year |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lakshmi Narayan Mittal, nado en Raxastán o 15 de xuño de 1950, é un multimillonario industrial indio.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mittal naceu no distrito de Churu de Raxastán, e reside nas proximidades do palacio de Kensington en Londres. Lakshmi Mittal é o sexto home máis rico do mundo segundo a lista de persoas máis adiñeiradas que publica a revista Forbes (2010), cunha riqueza de aproximadamente 28.700 millóns de dólares estadounidenses.
Lakshmi Mittal é o presidente e conselleiro delegado da Mittal Steel Company, a maior produtora de aceiro a nivel mundial. Actualmente, Mittal Steel Company ten sucursais en 14 países, entre eles Romanía, Polonia, Suráfrica, Indonesia, Bosnia e Hercegovina, Casaquistán, México, España e os Estados Unidos de América. En 2004 foi elixido o Empresario Europeo do Ano pola revista estadounidense Fortune.
En 2002, o magnate estivo implicado nun escándalo político, coñecido na prensa como Mittalgate xunto co Primeiro Ministro británico Tony Blair, posto que moitos consideraron que a doazón económica (3,4 millóns de dólares) que fixo ao Partido Laborista levou a Blair a intervir, en forma de carta ao Primeiro Ministro romanés, na compra dunha aceireira romanesa favorecendo a Mittal. O escándalo agravouse cando se descubriu que Mittal Steel non era tan británica como Blair defendía, dado que se atopa rexistrada nun paraíso fiscal das Antillas Neerlandesas e só 100 dos seus 146.000 traballadores están en Gran Bretaña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |