Lago Eduardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto satélite da NASA na cal se pode observar o Lago Eduardo (o maior) e o Lago Xurxo (o menor) unidos polo canal Kazinga.

O Lago Eduardo ou Edward é o menor dos grandes lagos de África, situado no centro continente africano, no centro do Gran Val do Rift, na fronteira entre a República Democrática do Congo e Uganda, uns poucos quilómetros ao sur da liña do ecuador.

Bautizouno o explorador Henry Morton Stanley no 1888, na honra do príncipe de Gales e posterior rei británico Eduardo VII do Reino Unido. Durante a ditadura de Idi Amin en Ugando, o lago tivo como nome oficial Lago Idi Amin, aínda que despois recobrou o seu nome ingés.

O lago recibe augas dos ríos Nyamugasani, Ishasha, Rutshuru e Rwindi. A desembocadura natural encóntrase no seu extremo norte, dende onde descende o río Semliki camiño do Lago Alberte. Ten outra vía de desaugue polo canal Kazinga, que dirixe parte das augas caro o Lago Xurxo (Lake George), en dirección nordeste.

O lago está a 920 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie total de 2.325 km², sendo o décimo quinto lago de África polas súas dimensións, de 77 quilómetros de ancho por 40 de largo.

Localización dos Grandes Lagos de África. O E representa ao Lago Eduardo.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

O Lago Eduardo é o hábitat de moitas especies de peixes, incluíndo o Bagrus docmac, o Sarotherodon niloticus, o Sarotherodon leucostictus, e máis de 50 especies de Haplochromis e Haplochromis e os seus parentes (dos cales só oito foron descritos). O Lago é unha base económica para moitos poboadores das costas do lago.

A fauna da zona, como son os chimpancés, elefantes, crocodilos e leóns está protexida por medio de parques nacionais como o Parque Nacional Virunga (no Congo) e Parque Nacional Queen Elizabeth en Uganda.

Notas[editar | editar a fonte]