L7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L7
OrixeOs Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1985 - 2001
2014 - presente
Xénero(s)grunge, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Slash Records, Epitaph
MembrosDonita Sparks
Suzi Gardner
Janis Tanaka
Demetra Plakas
Jennifer Finch
Gail Greenwood
Roy Koutsky
Artistas relacionadosDonita Sparks and the Stellar Moments, The Shocker, OtherStarPeople, Belly, Nirvana, Joan Jett
Na rede
l7theband.com
Facebook: 190276091026597 Twitter: l7officialhq MySpace: l7official Youtube: UCvNz35FxAbo7aRFWRRZsFVA Bandcamp: l7band Spotify: 2zMQOJ4Cyl4BYbw6WqaO3h iTunes: 192131 Last fm: L7 Musicbrainz: 57111f1f-9829-45ea-bb4e-a5aba37cd1d1 Songkick: 364332 Discogs: 227850 Allmusic: mn0000100473 Deezer: 1738 Genius: L7 Editar o valor em Wikidata

L7 é unha banda californiana de grunge e punk rock formada no ano 1985 e activa ata o ano 2001. O grupo foi reformado en 2014.[1] A súa formación actual, e tamén a máis estable, consiste en Suzi Gardner (voces, guitarra), Donita Sparks (voces, guitarra), Dee Plakas (batería, voces) e Jennifer Finch (baixo, voces). L7 leva publicados sete álbums de estudio e xirou extensamente polos Estados Unidos, Europa, o Xapón, Australia e América do Sur. A súa canción "Pretend We're Dead" foi top 10 na lista Billboard Modern Rock en 1992.[2]

Recoñecida por ser á vez subersiva e estar cargada de humor,[3][4] L7 é famosa polos seus animados concertos con actuacións físicas e feroces.[5][6] Debido ao seu son e a súa imaxe, L7 adoita a asociarse co movemento grunge de finais dos 80 e principios dos 90.[7] Como unha banda composta só por mulleres, L7 formou parte do Rock for Choice en 1991 e estivo, por momentos, tamén unida ao movemento riot grrrl, aínda que precederon e son casos á parte tanto no grunge como no riot grrrl.[8] O nome da banda deriva dun termo de argot para cadrado, e foi elixido a propósito como un símbolo neutral de xénero.[9] Un documental sobre a banda, L7: Pretend We're Dead, foi estreado no ano 2016.[10][11]

Historia[editar | editar a fonte]

A idea de formar a banda xurdiu en 1985 cando Suzi Gardner coñeceu a Donita Sparks nos Ánxeles. En 1986, despois de moitos ensaios, a idea da banda fíxose máis seria cando Jennifer Finch (que vivía en San Francisco) se converteu na baixista da recentemente formada L7. A partir de aí a banda pasou a facer varios concertos en clubs da cidade, con Suzi e Donita nas voces e guitarras, Jennifer no baixo e o batería Roy Koutsky completando a formación.

Non pasou moito tempo ata conseguir un contrato, que acabou sendo asinado con Epitaph para o lanzamento do seu primeiro disco. O álbum, titulado L7, foi lanzado en 1988 coa produción de Brett Gurewitz, e a banda embarcouse na súa primeira xira nacional, sendo a abreconcertos de Bad Religion.

Despois dun tempo cambiando de baterías, en 1988 Demetra "Dee" Plakas xuntouse á banda. Xa en 1989 L7 asinou coa Sub Pop e fixo a súa segunda xira nacional, desta vez ao lado da banda Catt Butt. O primeiro lanzamento con Sub Pop tivo lugar en 1990, o disco Smell the Magic. Despois da súa primeira xira en Europa (abrindo concertos para Nirvana), e de varios concertos nos Estados Unidos, L7 comezou a chamar a atención das grandes discográficas. En 1991 a banda asinou con Slash Records e no ano seguinte foi lanzado Bricks are Heavy. Co novo disco, L7 mostrou que non perdera a súa agresividade e a súa pegada despois de asinar cunha discográfica grande, consolidando o seu estilo e contando cunha produción máis traballada. Brick are Heavy foi producido por Butch Vig.

A repercusión do novo álbum foi extraordinaria, vendendo centenas de millares de copias en todo o mundo, levado principalmente polo éxito de "Pretend We're Dead", a canción máis tranquila e pop do disco, ata hoxe a canción máis coñecida de L7.

O resto de 1992 e 1993 estivo ocupadísimo na carreira da banda, con dúas extensas xiras nos Estados Unidos, outras dúas en Europa (unha delas abrindo para Faith no More), concertos no Xapón e Australia, actuacións en programas como o de David Letterman nos Estados Unidos, e concertos en grandes festivais, como o de Reading en Inglaterra e o Hollywood Rock no Rio en São Paulo.

O cuarto álbum da banda, Hungry for Stink, foi editado en xullo de 1994 durante a súa xira no Lollapalooza, onde compartiron escenario con bandas como The Smashing Pumpkins e The Breeders entre outros.

Finch deixou o grupo durante a gravación do seu seguinte traballo, polo que Sparks e Greta Brinkman tocaron o baixo no quinto álbum de L7, The Beauty Process: Triple Platinum. Despois da gravación Gail Greenwood, (anteriormente na banda Belly) converteríase na baixista do grupo.

O derradeiro álbum da banda, Slap-Happy, foi publicado en 1999. Greenwood posteriormente deixou o grupo e foi substituída por Janis Tanaka, que tocara en Stone Fox. Tanaka porteriormente sería a baixista da cantante Pink, mentres que Greenwood tocaría con Bif Naked.

Porén, en 2001, a banda deixou de xirar, anunciando a través da súa páxina web que estaba en hiato indefinido. Na actualidade L7 está totalmente inactiva. Sparks ten unha carreira en solitario, xunto con Plakas e outras dúas guitarristas na banda Donita Sparks and The Stellar Moments. Finch está traballando nun grupo de punk rock chamado The Shocker.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
L7 1987 Epitaph Records
Smell The Magic 1991 Sub Pop
Bricks Are Heavy 1992 Slash/Warner
Hungry for Stink 1994 Slash/Warner
The Beauty Process: Triple Platinum 1997 Slash/Warner
Slap-Happy 1999 Wax Tadpole
  1. Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5ª ed.). Edimburgo: Mojo Books. p. 589. ISBN 1-84195-017-3
  2. "The Story of Feminist Punk in 33 Songs". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-23. 
  3. "L7 Leaves Powerful Memories | The Seattle Times". archive.seattletimes.com. Consultado o 2019-12-23. 
  4. "L7 Danforth Music Hall, Toronto ON, September 6". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2019-12-23. 
  5. Lane, Chris (2016-07-18). "L7 Proves They're Far More Than Just a Nostagia Act". Houston Press. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-23. 
  6. Renée, Christ (xullo de 1993). The Magnificent 7 (en inglés). SPIN Media LLC. 
  7. "Venus Zine: The Greatest Female Guitarists of All Time, A–G". web.archive.org. 2011-08-13. Archived from the original on 13 de agosto de 2011. Consultado o 2019-12-23. 
  8. Dickinson, Chrissie. "L7 is, better late than never, getting respect". chicagotribune.com. Consultado o 2019-12-23. 
  9. "An Oral History of L7’s ‘Pretend We’re Dead’". Spin. 2012-03-07. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-23. 
  10. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2017-08-16). "L7 Detail 'Pretend We're Dead' Documentary Release". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-23. 
  11. Edwards 2017-11-08T14:38:00.311Z, Briony. "6 things we learned from new documentary L7: Pretend We're Dead". loudersound (en inglés). Consultado o 2019-12-23.