Brett Gurewitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brett Gurewitz
Data nacemento12 de maio de 1962 (61 anos)
Nado enOs Ánxeles, California
Ocupacióncompositor de cancións, guitarrista, emprendedor, produtor musical e compositor
Instrumento(s)guitarra, voz
Relacionado conBad Religion, Daredevils, Error
Tempo en activo1979-presente
Na rede
IMDB: nm1069256 Facebook: brettgurewitz Twitter: brettgurewitz Instagram: brettgurewitz Musicbrainz: cd40188b-ea30-4729-bebb-e8c5091c9d02 Discogs: 255657 Allmusic: mn0000620790 Deezer: 12714405 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Brett W. Gurewitz, nado o 12 de maio de 1962, alcumado Mr. Brett, é o guitarrista e compositor de Bad Religion. Tamén é o dono do selo discográfico Epitaph Records e de varias etiquetas irmás. Produciu álbums para Bad Religion, ademais de para artistas de Epitaph como NOFX, Rancid ou Pennywise. Gurewitz tamén ten un proxecto chamado Error, que tamén conta con Atticus Ross, Leopold Ross e Greg Puciato. Ademais é o cofundador da editorial de cómics e novelas gráficas Black Mask Studios.

Gurewitz fundou Bad Religion en 1980 con Greg Graffin, Jay Bentley e Jay Ziskrout. Tras publicar dous álbums e un EP, Gurewitz deixou a banda en 1983, pero regresou tres anos despois e gravou cinco álbums máis coa banda antes de asinar con Atlantic Records en 1993. O éxito do seu selo levou a Gurewitz a deixar Bad Religion novamente en 1994, dirixindo Epitaph a tempo completo. Durante ese tempo fóra de Bad Religion editou o sinxelo "Hate You" en 1996 co seu proxecto Daredevils e entrou nun período de adición ás drogas. En 1999 Gurewitz completou con éxito o seu proceso de rehabilitación e finalmente volveu a unirse a Bad Religion en 2001 para compoñer e gravar o álbum The Process of Belief (2002).