Banda de mulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha banda de mulleres é un grupo musical na música popular que está exclusivamente formado por músicos femininos. Trátase dun concepto distinto a un girl group, no cal os membros femininos son unicamente vocalistas, aínda que esta terminoloxía non é moi estrita. Mentres que as bandas formadas totalmente por homes son moi comúns en moitas escenas do pop e do rock, as bandas de mulleres son pouco habituais.

The Ingenues en 1928

Primeira metade do século XX[editar | editar a fonte]

Na era do jazz e durante os anos 30, bandas de mulleres como The Blue Belles, The Parisian Redheads (posteriormente The Bricktops), Lil-Hardin's All-Girl Band, The Ingenues, The Harlem Playgirls dirixidas por artistas como Neliska Ann Briscoe e Eddie Crump, The International Sweethearts of Rhythm, Phil Spitalny's Musical Sweethearts, e Helen Lewis and Her All-Girl Jazz Syncopators eran bastante populares. Realizáronse ducias de películas nos primeiros tempos do cine sonoro sobre os grupos de rapazas de estilo vodevil. especialmente curtametraxes promocionais para Paramount e Vitaphone.[1] En 1925, Lee De Forest filmou a Lewis e á súa banda co seu proceso de cuta vida Phonofilm.[2] Blanche Calloway, irmá de Cab Calloway, liderou unha banda masculina, Blanche Calloway and Her Joy Boys, dende 1932 ata 1939, e Ina Ray Hutton liderou unha banda de mulleres, The Melodears, dende 1934 ata 1939. Eunice Westmoreland, baixo o nome de Rita Rio, liderou unha banda totalmente feminina que apareceu en NBC Radio e en oezas curtas para Vitaphone e RKO antes de converterse en actriz e cambiar o seu nome artístico a Dona Drake, aparecendo en numerosas películas dos 40. O grupo All Girls Band de Ivy Benson foi a banda de baile residente da BBC en 1943 e xirou ata os anos 80. Bandas activas de mulleres en vodevil, espectáculos de variedades, e nas primeiras películas sonoras durante os anos 20 ata os anos 50 foron documentadas por Kristin McGee en Some Liked it Hot: Jazz Women in Film and Television. Sally Placksin, Linda Dahl, D. Antoinette Handy, e Frank Driggs, xunto coa profesora Sherrie Tucker, tamén documentaron esa época no seu libro Swing Shift: "All-Girl" Bands of the 1940s. O grupo polaco Filipinki foi creado no ano 1959.[3]

Anos 60[editar | editar a fonte]

Bandas compostas unicamente por mulleres comezaron a emerxer coa chegada do rock and roll. Entre as primeiras bandas de rock de mulleres en asinar cun selo discográfico estiveron Goldie & the Gingerbreads, con Atlantic Records en 1964, The Pleasure Seekers con Suzi Quatro, con Hideout Records en 1964 e Mercury Records en 1968, The Feminine Complex, con Athena Records en 1968, e Fanny (pioneira no son das bandas de mulleres de principios a mediados dos 70) en 1969 cando o exécutivo Mo Ostin fichounas para Warner Bros. Records. Houbo tamén outras, como The Liverbirds (1962-1967), The Ace of Cups (1967), The Heart Beats (1968), e Ariel (1968-1970) que incluía aos tres membros de The Deadly Nightshade.

Dende 1964 ata 1968 The Pandoras foi unha banda de mulleres (unha das primeiras) que tocaba temas melodías orixinais e unha chea de versións populares en concertos e bailes de toda Nova Inglaterra. Comezou como un trío, coas estudantes do Simmons College Kathy Kinsella e Pinky Keehner nas guitarras, e con Sally Levy na batería. Moito máis tarde, baixo o asesoramento de Peter Bonfils, a banda tivo algún éxito, incluído un contrato discográfico e un par de sinxelos con Liberty Records ("About My Baby" e "Games"), e concertos por todo os Estados Unidos, ademais de en Newfoundland e Porto Rico, abrindo concertos para artistas como The Kingsmen, Dionne Warwick, The Byrds e Gary Lewis & the Playboys.[4]

Anos 70[editar | editar a fonte]

Roger Ebert, no seu comentario de son para Beyond the Valley of the Dolls (1970) acreditou á película como unha fonte de inspiración para bandas de rock de mulleres, grazas á banda ficticia Carrie Nations creada para o filme, dicindo que ese tipo de grupos eran bastante raros na época, aínda que comezaron a xurdir a raíz da película.

O 6 de novembro de 1971 Fanny converteuse na primeira banda de mulleres en entrar no top 40 da lista Hot 100, chegando o tema "Charity Ball" ao número 40. A canción tamén tivo moito éxito na emisora WLS, chegando ao número 3 o 25 de outubro e o 1 de novembro de 1971.

En 1975 o dúo canadense de irmás Kate & Anna McGarrigle, gravaron o primeiro dunha serie de álbums, ás veces coa súa irmá Jane. The Runaways foi unha das primeiras bandas de hard rock de mulleres con éxito comercial, publicando o seu álbum de estrea en 1976; os seus membros Joan Jett, Cherie Currie e Lita Ford iniciarían posteriormente carreiras en solitario.

Girlschool ao vivo en 2009

No Reino Unido, a chegada do punk a finais dos 70s coa súa ética de "calquera pode facelo" levou á formación de bandas como The Slits, The Raincoats, Mo-dettes, Dolly Mixture, e The Innocents entre outras, e a formación doutros grupos onde os membros femininos influenciaron a música e o contido lírico (Au Pairs, Delta 5) ou foron o artista clave dentro do conxunto, destacando Siouxsie and the Banshees e X-Ray Spex. A expansión do punk cara Europa deu lugar á banda suíza die Kleenex/LiLiPUT.

En Australia en 1977 a banda de mulleres Sweet Jayne comezou a realizar concertos regulares coa súa formación orixinal: Cris Bonacci, Chris Scheri, Robyn Clark e Sally Zylstra. Etiquetada como "Sweet and Heavy Rock", Sweet Jayne interpretou principalmente material orixinal. Tras gañar o Australasian Yamaha Battle of the Bands en 1978, Sweet Jayne publicaría varios casetes, vinilos e clips de vídeo, pasaría por distintos cambios na súa formación, e realizaría uns 700 concertos en 6 anos. Sweet Jayne separouse en 1983 cando Chris Scheri (frauta e voces) e Cris Bonacci (guitarra) foron invitadas a traballar no Reino Unido por Mike Oldfield.

O grupo feminino de heavy metal Girlschool, do sur de Londres, formado en 1978 a partir das cinzas de Painted Lady, comounha banda de versións. Aínda que conseguiron algo de éxito no Reino Unido, fixéronse máis coñecidas a principios dos 80. Un dos membros orixinais da banda, Kathy Valentine, marchou para unirse a The Go-Go's, cambiando a guitarra polo baixo. Entre as primeiras gravacións de Girlschool había un EP titulado St. Valentine's Day Massacre que gravaron con seus compañeiros do selo Bronze Records Motörhead baixo o nome de Headgirl.[5]

En 1974, The Deadly Nightshade, unha banda de rock/country formada por Anne Bowen (guitarra e percusión), Pamela Robin Brandt (baixo), e Helen Hooke (guitarra e violín), asinou co selo de RCA Phantom. O contrato converteu a RCA/Phantom no primeiro selo mainstream en garantir o dereito a rexeitar calquera publicidade ofensiva ás sensibilidades feministas. A banda publicou dous álbums, The Deadly Nightshade en 1975 e F&W (Funky & Western) en 1976. Reunida en 2009, The Deadly Nightshade gravou e editou un terceiro álbum, Never Never Gonna Stop, no ano 2012 e continuaron xirando ata a morte de Brandt en 2015, disolvendo a banda.[6]

Anos 80 e 90[editar | editar a fonte]

Os anos 80, por vez primeira, puido verse a bandas de mulleres ou banda de rock lideradas por unha muller conseguir o éxito nas listas. Na lista Billboard Hot 100 de final de ano de 1982 o tema de Joan Jett "I Love Rock 'n' Roll" estaba no posto 3, e o de The Go-Go "We Got the Beat" no 25, enviando unha contundente a moitos directivos da industria de que as mulleres que tocaban podían traer cartos. Mentres que Joan Jett tocaba "himnos glam rock, cantados cos seus gruñidos e burlas",[7] The Go-Go's foron vistas como rapazas xoguetonas, unha imaxe da que incluso a revista Rolling Stone se burlou cando puxeron á banda en roupa interior na súa portada xunto co título "Go-Go's Put out!" (que podería traducirse como Go-Go's abrídevos de pernas).[8] Porén, as revistas de músicos comezaron a amosar respecto ás músicos mulleres, poñendo a Bonnie Raitt[9][10] e a Tina Weymouth[11] nas súas portadas. Aínda que The Go-Go's e The Bangles, ámbalas dúas da escena de clubs dos Ánxeles, estiveron entre as primeiras bandas de rock de mulleres en conseguir un éxito substancial, músicos individuais abriron o camiño para que a industria buscase bandas que tivesen mulleres e permitíulles formar parte do proceso de gravación.

Aínda que os 80 axudaon a pavimentar o camiño para que as músicos mulleres fosen tomadas máis en serio, aínda se considerou unha novidade durante moitos anos e continuou sendo un mundo dominado polos homes. En 1984, cando o cineasta Dave Markey, xunto con Jeff e Steve McDonald de Redd Kross,[12] fixeron o filme Desperate Teenage Lovedolls, unha versión punk cómica de Beyond the Valley of the Dolls,[13] tamén se xerou unha banda real.[12] Aínda que The Lovedolls apenas puido tocar ao principio debido á película, ao ser unha "banda de mulleres", recibiron cobertura na prensa e conseguiron actuacións.

Klymaxx converteuse na primeira banda de mulleres autoproducida do estilo R&B/pop en tocar todos os instrumentos. Varios dos seus sinxelos, incluídos "Meeting in the Ladies Room" e "I Miss You", entraron tanto nas listas de R&B como de pop.

Chegando á década dos 90, o aumento do heavy metal nos 80 axudou a achegar luz outra vez sobre o papel das mullers na música. Debido ao éxito de The Go-Go's e The Bangles, moitas mulleres sentíronse frustradas ao non ser tomadas en serio ou por ser só vistas como "rapazas bonitas tocando música"[14] e uníronse a bandas de rock ou formaron bandas de metal de mulleres. Un dos grupos que facía música máis dura en San Francisco era Rude Girl.[15] Orixinalmente fichada por CBS Records, a banda desfíxose antes de editar ningún álbum e as membros que quedaron publicaron un sinxelo en 1987 baixo o nome de Malibu Barbi.[16] Cando Cara Crash e Wanda Day deixaron 4 Non Blondes e se uniron a Malibu Barbi, o seu son cambiou do heavy metal a un estilo descrito como unha combinación de "ritmo conductor coa voz de Johnny Rottenesque e riffs post-punk".[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McGee, Kristin A. (1 de xuño de 2009). Some Liked It Hot: Jazz Women in Film and Television, 1928-1959. Wesleyan University Press. ISBN 0-8195-6908-9.
  2. "Silent Era : PSFL : Helen Lewis and Her All-Girl Jazz Syncopators (192?)". web.archive.org. 2009-04-06. Consultado o 2019-11-24. 
  3. "Filipinki. W USA przecierały szlaki, w ZSRR czerwone dywany". szczecin.wyborcza.pl. Consultado o 2019-11-24. 
  4. "The Pandoras". The Music Museum of New England (en inglés). 2012-12-28. Consultado o 2019-11-24. 
  5. "Motörhead / Girlschool - St Valentines Day Massacre". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  6. "Feminist, rock musician and food writer Pamela Brandt dies at 68". Miami Herald. Consultado o 24 de novembro de 2019. 
  7. Haymes, Greg (23 de novembro de 2006). "Long live the Queen". Albany Times Union
  8. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2010-08-04). "Pop Divas on the Cover of Rolling Stone". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-26. 
  9. "Bonnie Raitt cover story". Guitar Player Magazine. Maio de 1977.
  10. "Bonnie Raitt cover story". Guitar Player Magazine. Xullo de 1998.
  11. "Tina Weymouth & David Byrne, The Talking Heads". Guitar Player Magazine. Marzo de 1984.
  12. 12,0 12,1 "Surfin' the Cess Pool with Dave Markey". Flipside Magazine. No. 58
  13. Firsching, Robert, All Media Guide
  14. Widran, Jonathan (8-21 de xullo de 1991). "First Artists – The Rebel Pebbles". Music Connection. Vol. XV no. 14. p. 30
  15. Fong-Torres, Ben (2006). Becoming Almost Famous: My Back Pages in Music, Writing, and Life. Backbeat Books. p. 107
  16. "Malibu Barbi music, videos, stats, and photos". Last.fm (en inglés). Consultado o 2019-11-27. 
  17. Miner, Nicola (1992). BAM (Northern California ed.). p. 14