Saltar ao contido

L.A.R. Legido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaL.A.R. Legido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Castromonte, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica experimental, Jazz e free improvisation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor en Wikidata

Páxina websoundcloud.com… Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: d4f70a9d-5d17-40c7-b4e7-5c5bce0074cd Editar o valor en Wikidata


Luis Alberto Rodríguez Legido, nado en Castromonte (provincia de Valladolid) o 23 de xuño de 1975, é un músico, investigador sonoro e profesor de batería español. Dá clases de expresión rítmica e improvisación na Escola-Estudio de Música, en Santiago de Compostela.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1990 formouse en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, onde realizou estudos sobre análise do son, fisioloxía do oído, orixe da linguaxe, arte e ciencia do século XX e teoría da improvisación con profesores e artistas como Pedro López, Markus Breuss, Belma Muñor e Wade Matthews.

En 1998 instalouse en Santiago de Compostela a raíz dunha oferta estábel como profesor titular da Estudio-Escola de Música. Ese ano recibiu unha bolsa da Berkelee College of Music de Boston para facer o curso de World Percussion e foi selecionado para o X Jazz Meeting organizado pola International Association of Schools of Jazz.

Traballou con diversas formacións como ADN, S.E.M Big Band, Abe Rábade Trío ou Xosé Manuel Budiño, realizando numerosos concertos en diversos festivais estatais e europeos. Traballou como batería para a artista galega Mercedes Peón realizando concertos tanto a nivel nacional como internacional.

En 1999 forma o grupo de improvisación libre Parto.

Participa en diferentes iniciativas artísticas: traballa a improvisación idiomática co trío de jazz Sumrrá, co que ten editado dous traballos discográficos; e colabora con formacións como Marful, co grupo flamenco do guitarrista Marcos Teira, o grupo de improvisación e jazz 2M xunto ao saxofón alto Pablo Sax, ecomo membro de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia).[2]

É o inventor, canda o baterista Patxi Valera, do Aquofono, un sistema sonoro de percusión electrónica por goteo creado en 2002.[3]

No cinema galego

[editar | editar a fonte]

L.A.R. Legido é o protagonista da cuarta fuga de 9 fugas (2009), de Fon Cortizo, e participou no filme A Pedra do Lobo (2010), de Alberte Pagán, xunto a Pablo Sax (baixo o nome de 2M10).[4] A música de Aquofono de Legido e Valera forma parte da banda sonora de Mougás (2009), de David Castro.[5]

  1. LAR Legido na web de Escola Estudio (en castelán).
  2. LAR Legido Arquivado 03 de xullo de 2016 en Wayback Machine., en Aquófono (en castelán)
  3. "Aquofono". Aquofono. 
  4. "A Pedra do Lobo". Novo Cinema Galego. 
  5. "Mougás". Novo Cinema Galego. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Pablo Seoane

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ron, Xesús e Valera, Patxi (eds.) (2011): De Parto a Omega. 10 anos de improvisación libre. Santiago de Compostela, Grupo Chévere.