Fon Cortizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFon Cortizo
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8938254 Editar o valor em Wikidata

Fon Cortizo, nado en Vigo en 1978, é un cineasta e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 2001 graduouse en Comunicación Audiovisual e dende entón comezou a traballar en televisión como operador de cámara. A partir do 2007 comezou a participar no desenvolvemento de proxectos para televisión e cinema como director de fotografía, realizador e director.

Entre as súas obras destacan os traballos no eido do documental Contrafaces (2015) [1], estreada no festival Visions du Reel (2015, Suíza) e Aysha (2016) estreada no Festival Play-Doc (2017, Tui) e merecedora dos premios á Mellor Curtametraxe Galega e Mellor Guión no Festival Curtocircuíto (2018, Santiago de Compostela) e o Premio ao Mellor Documental no Festival DUAF (2018, Nova York).

En 2020 estreou o filme 9 Fugas no Festival Internacional de Cine de Xixón[2] e acadou o Premio á Mellor Longametraxe da sección internacional Reyumes (ex aequo). 9 Fugas é unha longametraxe de ficción construída sobre unha banda sonora creada por unha orquestra de improvisación. O filme está protagonizado polas actrices María Roja e Olga Cameselle.

Desde 2020 é presidente de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Contrafaces (2016)
  • Aysha (2017)
  • Americano (2017)
  • 9 fugas (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]