Mesquita de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mesquita de Córdoba
Mezquita de Córdoba desde el aire (Córdoba, España).jpg
Dende o ar.
Datos xerais
País España España
Rexión Andalucía Andalucía
Tipo Mesquita, catedral
Advocación Santa María
Localización Córdoba
Coordenadas 37°52′45″N 4°46′47″O / 37.879194444444, -4.7797222222222Coordenadas: 37°52′45″N 4°46′47″O / 37.879194444444, -4.7797222222222
Catalogación Patrimonio da Humanidade da UNESCO[1]
Culto
Culto
Diocese Diocese católica latina de Córdoba
Arquitectura
Construción 785 - 788 (Ampliacións 833, 855, 962 - 966 e 987)
Estilo Arquitectura moura, renacentista
Medidas 125 x 178
Páxina web catedraldecordoba.es
Mesquita de Córdoba en Andalucía
Mesquita de Córdoba
Mesquita de Córdoba
editar datos en Wikidata ]
Mesquita de Córdoba
Mosque Cordoba.jpg
Columnas da mesquita
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País España España
Localización 37°52′45″N 4°46′47″O / 37.87917, -4.77972
Tipo Cultural
Criterios (i, ii, iii, iv)
Inscrición 1985
Rexión da UNESCO Europa
Identificador 313

A mesquita de Córdoba é o monumento máis senlleiro da arte andalusí que se atopa na cidade española de Córdoba. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1984. O seu arquitecto é descoñecido, pero sábese que a mesquita foi construída entre o 785 e o 788 baixo o reinado de Abd al-Rahman I.

Comezou a construírse como mesquita no ano 785, coa apropiación e reutilización dos materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, que se atopaba no seu lugar, polos conquistadores musulmáns.[3] O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. Con 23 400 metros cadrados, foi a segunda mesquita meirande do mundo en superficie, por detrás da mesquita da Meca, sendo só alcanzada posteriormente pola mesquita Azul (Istambul, 1588). Unha das súas principais características é que o seu muro da quibla non foi orientado cara a Meca, senón 51º graos máis cara o sur, algo adoito nas mesquitas de al-Andalus.

En 1238, logo da Reconquista cristiá da cidade, levouse a cabo a súa consagración como catedral da diocese coa ordenación episcopal do seu primeiro bispo, Lope de Fitero.[4] O edificio contiña o cabido catedralicio da diocese de Córdoba, estando prohibido calquera culto colectivo ou rezo organizado non católico.[5] En 1523, baixo a dirección dos arquitectos Hernán Ruiz, o vello e o seu fillo, construíuse a súa basílica cruciforme renacentista de estilo plateresco.

Hoxe, todo o conxunto constitúe o monumento máis importante de Córdoba, e tamén de toda a arquitectura andalusí, xunto coa Alhambra, así como o máis emblemático da arte omeia hispanomusulmá. Declarada como Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade como parte do centro histórico da cidade,[6] incluíuse polo público entre os 12 Tesouros de España no 2007[7] e foi premiada como o mellor sitio de interese turístico de Europa e sexto do mundo segundo un concurso de TripAdvisor.[8] No 2015, tivo 1,67 millóns de visitas, o que a converte nun dos monumentos máis visitados de España.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO (ed.). "Historic Centre of Cordoba". Consultado o 17 de agosto de 2016. The Great Mosque of Cordoba was inscribed on the World Heritage List in 1984 
  2. Fichner-Rathus, Lois (2012). Cengage Learning, ed. Understanding Art (with Art Coursemate with EBook Printed Access Card). p. 336. ISBN 1111836957. Consultado o 14 de decembro de 2012. 
  3. M., L. (27 de febreiro de 2014). "La basílica de San Vicente Mártir, la primacía de lo cristiano". ABC. Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  4. Diócesis de Córdoba. "Historia de la Diócesis de Córdoba". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 2010. 
  5. P.C./ M.R. (2010). "Grave incidente en la Mezquita por un rezo organizado de musulmanes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de marzo de 2011. Consultado o 2010. 
  6. "Historic Centre of Cordoba" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 9 de febreiro de 2013. 
  7. En xaneiro de 2008, a raíz dunha proposta televisiva de Antena 3, a Mesquita de Córdoba quedou no primeiro posto da lista dos "12 tesouros españois" dun total de 100 monumentos finalistas.«La Mezquita Catedral se alza con el título de mejor 'tesoro' de España» Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine. - Diario Córdoba
  8. P. Santamaría (25 de xuño de 2013). "La mezquita-catedral de Córdoba y el Parque Güell, las mejores atracciones turísticas de Europa". ABC. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  9. Récord de visitas a la Mezquita: 1,67 millones en 2015, no xornal Cordópolis.es, 08/01/2016[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]