Saltar ao contido

Terremoto de L'Aquila de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terremoto de L'Aquila de 2009
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Data
6 de abril de 2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   1.500 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   309 Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
   10 km Editar o valor en Wikidata
 Escala Richter
   5,8 Editar o valor en Wikidata
 Momento sísmico
   6,2 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/05pstgr Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Terremoto de L'Aquila

O terremoto de L'Aquila de 2009 foi un sismo de 6,3 graos na escala sismolóxica de magnitude de momento segundo a United States Geological Survey[1] (6,7 graos na escala de Richter)[2] rexistrado o día 6 de abril de 2009 na zona central da Península Itálica.[3] O epicentro localizouse na cidade de L'Aquila, rexión dos Abruzos, mentres que en Roma a súa magnitude foi de 4,6 graos Richter. O terremoto deixou 294 mortos, 1.500 feridos e unhas 50.000 persoas perderon as súas casas a causa da destrución total ou parcial de miles de edificacións.[4][5] As réplicas continuaron os días posteriores do sismo máis forte, entre eles varios que superaron os 5 graos na escala de Richter.[6]