Kosmos 320

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 320
Tipo Demostrador tecnolóxico / observación terrestre
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 16 de xaneiro de 1970, 10:59 GMT[1][2][3]
Foguete portador Kosmos 2I[2][4]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Duración da misión 25 días[2]
Obxectivo da misión Proba de sistemas de estabilización aerodinámica no espazo e experimentos con sistemas ópticos.[2]
Decaemento 7 de abril de 1967[1]
NSSDC ID 1970-005A
Masa 375 kg[2][5]
Dimensións Cilindro de 6,5 m de longo e 1,2 m de diámetro, cunha cúpula nun dos extremos e unha base anular.[2]

Kosmos 320 (Космос 320 en ruso), tamén denominado DS-MO N°2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 320 foi o segundo satélite da serie DS-MO, de dous que se lanzaron (o primeiro foi o Kosmos 149). Foi inxectado nunha órbita inicial de 342 km de apoxeo e 240 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 90,2 minutos.[5][3]

O satélite pesaba 300 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de estabilización aerodinámicos no espazo, así como experimentos con sistemas ópticos dirixidos á predicción meteorolóxica. De forma idéntica ó Kosmos 149, tiña forma de cilindro de 6,5 m de longo e 1,2 m de diámetro, cunha cúpula nun dos extremos e unha base anular da cal, mediante catro barras, sobresaía o estabilizador aerodinámico de forma anular. O sistema de estabilización demostrou ser capaz de orienta-la nave cun erro de 5 graos. A orientación do satélite podíase calcular con maior precisión grazas ós instrumentos científicos de a bordo. O sistema de orientación combinado coas medidas dos instrumentos permitiron correlacionar xeograficamente as medicións destes cunha precisión de entre 10 e 15 km na dirección do nadir.[2][5].

O satélite transmitía os datos a unha frecuencia de 90 MHz mediante unha antena situada na parte superior da base do mesmo. As temperaturas dos instrumentos eran controladas mediante termómetros de resistencia, cuxas medidas usábanse tanto para regula-la temperatura dos mesmos como para axusta-los datos obtidos polos instrumentos.[2][5]

Kosmos 320 reentrou na atmosfera o 10 de febreiro de 1970, tras 25 días en órbita.[1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Kosmos 320 levaba a bordo unha serie de instrumentos ópticos idénticos ós de Kosmos 149 para observar a Terra:[2]

  • Dous telefotómetros de resolución media e ángulo estreito de tres canais na zona do espectro visible para obter datos estatísticos dos bancos de nubes, as alturas dos cumios nubosos e do contido de vapor de auga na atmosfera. Un dos telefotómetros estaba situado na cúpula da nave e facía observacións perpendicularmente á traxectoria de voo. O outro situábase nun lateral do centro do cilindro do satélite e observaba na dirección de voo.
  • Dous radiómetros de gran angular e tres canais para determina-lo equilibrio radiativo da atmosfera terrestre. Atopábanse en sendos mastros proxectados desde a base anular do satélite, un apuntando na dirección do nadir e o outro na do cénit.
  • Unha cámara de televisión para obter imaxes da cobertura nubosa e correlacionalas cos datos dos radiómetros. Iba aloxada na cúpula do satélite, co eixo óptico apuntando paralelamente ó nadir.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 320" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=4301. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Cosmos 320" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1970-005A. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 29 January 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (70-05558): 3. 16 de marzo de 1970. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=906. 
  4. 4,0 4,1 "DS-MO" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-mo.htm. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "DS-MO" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsmo.htm. Consultado o 19 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]