DS-MO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-MO foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó desenvolvemento de sistemas aerodinámicos para a estabilización e orientación de naves espaciais, así como a facer experimentos con equipamento óptico militar.[1][2]

Os satélites DS-MO foron tamén coñecidos como "frechas espaciais" debido ó seu estabilizador aerodinámico. Foron as primeiras naves espaciais en usar un control de actitude aerodinámico e as únicas naves da serie DS en contar cun control de actitude dalgún tipo. En total lanzáronse dous satélites da serie DS-MO: o Kosmos 149, o 21 de marzo de 1967, e o Kosmos 320, o 16 de xaneiro de 1970. Ámbolos dous satélites foron lanzados con éxito.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
21 de marzo de 1967 Kapustin Yar Kosmos 149 Éxito Primeiro voo dun DS-MO.
16 de xaneiro de 1970 Kapustin Yar Kosmos 320 Éxito Último voo dun DS-MO.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-MO" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-MO" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2012.