Kolombangara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kolombangara
Solomon Islands - Kolombangara.PNG
Localización da illa.
NewGeorgiaGroupCloseup.png
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaOccidental
ArquipélagoIllas Nova Xeorxia
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°58′S 157°04′L / -7.967, -157.067
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie705 km²
Longura máxima34´2 km.
Largura máxima27´3 km.
Punto máis alto1.770 m. Monte Veve
Demografía
CapitalRinggi

Kolombangara (ás veces escrito Kulambangara) é unha illa do grupo das Illas Nova Xeorxia ao sueste das Illas Salomón no Océano Pacífico. O nome provén da lingua local, unha tradución aproximada do seu significado é "Deus da Auga" polos aproximadamente 80 ríos e regos que corrían polos seus flancos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

De forma case perfectamente redonda e un diámetro de 15 km, a illa é un volcán que alcanza unha altitude de 1770 m no Monte Veve. A illa conforma o extremo sur do estreito de Nova Xeorxia e está separada ao noroeste de Vella Lavella e Ghizo polo golfo de Vella, e ao sueste de Nova Xeorxia polo golfo de Kula. A Oeste-Suroeste de Kolombangara atópase Ghizo, na que está Gizo, a capital da provincia occidental.

Kolombangara é moi boscosa, con poucos habitantes. Ten dous asentamentos notables: Ringgi e Mongga, o primeiro é o máis grande. A industria máis importante da illa neste momento é a explotación forestal.

Historia na II Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial a illa e as súas augas foron o escenario de moitas loitas. O Exército Imperial xaponés utilizou unha pista de aterraxe nun terreo plano en Vila na costa sur da illa, que en maio de 1943 era a base de varias unidades militares con máis de dez mil soldados acuartelados no lado sueste da illa baixo o mando do xeneral Minoru Sasaki, nun intento de establecer unha liña de defensa a través das Salomón centrais. Batallas navais próximas foron a Batalla do Golfo de Kula e a batalla de Kolombangara.

A batalla máis famosa e sanguenta foi a misión de interceptar o tren de subministracións "Tokyo Express" no que se produciu o ataque e a explosión do barco torpedeiro dos EUA PT-109, mandado por John F. Kennedy. O vixilante costeiro, Sub Tenente Arthur Reginald Evans, que mandaba un posto de observación segredo na parte superior do volcán Monte Veve na illa, viu a explosión. Despois de transmitir a noticia da explosión e perda do PT-109, mandou en canoa a dous nativos das Illas Salomón, Biuku Gasa e Eroni Kumana, a buscar posibles sobreviventes. Os seus valentes esforzos conduciron ao posterior descubrimento e rescate de John F. Kennedy e a tripulación sobrevivente.

Tres noites máis tarde os destrutores lograron afundir os barcos de fornecemento e o illamento da guarnición dos 12.400 soldados alí destinados. Os xaponeses evacuaron Kolombangara entre o 23 de setembro e o 4 de outubro de 1943.

En xaneiro de 1944 un destacamento de 1 oficial e 6 soldados rasos do 350º Rexemento de servizos xerais de enxeñeiros destinado en Munda plantaron verduras na pista de aterraxe xaponesa abandonada en Vila. O goberno británico proporcionou 16 nativos masculinos para axudar co proxecto. Coas sementes adquiridas a través da Cruz Vermella Internacional, moitas verduras e vexetais foron enviados ao hospital da base para complementar as comidas deshidratadas que se servían aos veteranos en recuperación.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]