Saltar ao contido

Vella Lavella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vella Lavella
Localización da illa
A illa Vella Lavella e o grupo das Illas Nova Xeorxia
Situación
PaísIllas Salomón Illas Salomón
ArquipélagoIllas Nova Xeorxia
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°44′S 156°38′L / -7.733, -156.633Coordenadas: 7°44′S 156°38′L / -7.733, -156.633
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie652 km²
Punto máis alto790 m. Monte Tambisala

Vella Lavella é unha illa das Illas Salomón, situadas no océano Pacífico que pertence á provincia Occidental. A illa forma parte do grupo das Illas Nova Xeorxia sendo a máis occidental deste grupo. Preto dela atópase a pequena illa de Mbava. Ten unha extensión de 652 km², está rodeada case na súa totalidade por un cantil e o seu punto máis alto ten unha altitude de 793 metros.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada ao sur do Estreito de Nova Xeorxia. Ao leste da illa atópase o golfo de Vella e as illas de Kolombangara e de Gizo, da cal está separada mediante o estreito de Gizo. Ao sur se sitúa a illa de Ranongga e o Mar de Salomón. Ao oeste só ten o océano.

Na illa hai seis conos volcánicos e unha zona de augas temais con piscinas de barro ao longo do río Ulo. A montaña máis alta é o Monte Tambisale, cuxa cima alcanza os 790 m sobre o nivel do mar. A parte superior do domo de lava Nonda, o volcán "máis novo" da illa, crese que aínda está activo, pese a non coñecerse erupcións na idade moderna, alcanza unha altura de 750 m. A maioría da poboación vive ao longo da costa, onde desembocan moitas vías fluviais, o que permite o desenvolvemento da xardinería e a horticultura. O turismo, concentrado principalmente nas áreas da Provincia Occidental das Illas Salomón, proporciona aos residentes de Vella Lavella ingresos adicionais.

Os arqueólogos neozelandeses realizan escavacións coa suposición de que as Illas Salomón levan habitadas case 30.000 anos desde o paleolítico superior. Nas tumbas, atopouse arxila cocida que data de 2000 a 3000 aC

O idioma que se fala na illa chámase Bilua e conta hoxe entre 8000 e 9000 falantes. O Bilua pertence ás linguas papuas, mentres que as outras linguas faladas nas Illas Salomón pertencen á familia de Linguas austronesias. Polo tanto, os arqueólogos asumen a inmigración dun pobo que non veu de Melanesia.

Segunda guerra mundial: A Guerra no Pacífico

[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra do Pacífico unha pequena unidade do 'Exército Imperial Xaponés, durante a ocupación das illas Salomón 1943, ocupou Vella Lavella. O 15 de agosto, o mesmo ano, desembarcou na illa, no área de Barakoma, un continxente do Corpo de Marines dos Estados Unidos, que rapidamente asegurou a posesión da illa. A illa serviu de base aos VMA-214, a famosa escuadrilla de cazas liderados por Gregory "Pappy" Boyington. O 18 de setembro, o continxente estadounidense deixou o posto a unha división de Nova Zelandia. Toda a zona do mar de Nova Xeorxia foi o escenario de batallas navais entre as partes en conflito: entre estas é especialmente importante para Vella a Batalla do Golfo (6 a 7 de agosto de 1943) e a Batalla naval de Vella Lavella (6 de outubro de 1943), que tivo lugar nas augas próximas á illa.

Post guerra

[editar | editar a fonte]

A partir de 1959, a miúdo houbo informes de persoas que viran homes con longas barbas escondidos na densa selva tropical da illa. Sobre a base destes informes, algúns veteranos xaponeses regresaron á illa, na busca desas persoas, pero a súa investigación non conduciu a ningún descubrimento.

En 1965, o último soldado xaponés sobrevivente foi visto no xardín dunha anciá. O embaixador xaponés nas Illas Salomón voou á illa e lanzou panfletos xaponeses, onde se dicía que a guerra terminara facía moito tempo. Seguindo esta iniciativa, o veterano xaponés foi recoñecido e enviado ao Xapón, onde foi recibido con todos os honores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]