Illas Nova Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
NewGeorgiaGroupCloseup.png
New Georgia Group.jpg

As Illas Nova Xeorxia son un grupo de illas situadas no sur do Océano Pacífico. As illas pertencen ás Illas Salomón e atópanse na Provincia Occidental. Ao sur do arcipiélago de atopa o mar de Salomón e ao norte de estreito de Nova Xeorxia.

As principais illas do arquipélago son Nova Xeorxia, Vella Lavella, Kolombangara, que é un volcán inactivo, Ghizo, Vangunu, Rendova, Ranongga, Ngagatokae, Mbava e Tetepare.

As maiores illas son montañosas e están cubertas por unha selva tropical. Están rodeadas de arrecifes de coral e inclúen o maior lago de auga salgada do mundo, o lago Marovo.

No arquipélago atópase a Illa Kennedy, onde o que fose presidente dos Estados Unidos de América pasou tres días tras o naufraxio que sufriu a súa embarcación durante a Segunda Guerra Mundial. Bastantes illas do arquipélago serviron de escenario a combates durante o conflito armado.

As maiores poboacións son Gizo, na illa de Ghizo, Munda e Noro. As principais actividades económicas son a silvicultura e a pesca. Nas illas de falan as linguas de Nova Xeorxia.

Unha das menores illas do arcipiélago, a illa Ranongga, elevouse uns 3 metros sobre o nivel do Océano tras o Terremoto das Illas Salomón de 2007, provocando un aumento da liña de costa duns 70 metros.